O furto de varias pezas obriga a cancelar unha exposición de xoguetes antigos en Redondela

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy lamentou o "desgusto" que se levou o dono dos xoguetes, un novo estudante de Historia da arte de 20 anos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/01/2025 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O furto de varias pezas obrigou a cancelar unha exposición de xoguetes dos anos 70 e 80, que podía visitarse no multiusos da Xunqueira, en Redondela, e que agora pecha antes de tempo. A mostra, organizada polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, coa colección de xoguetes de Antonio Martínez Vázquez e a colaboración do Concello, ía permanecer aberta ata o 7 de xaneiro, pero a organización remitiu un comunicado informando da cancelación "polo furto de varias pezas".

O Obradoiro lamentou o ocorrido con esta exposición, que estaba a ter "gran aceptación entre pequenos e maiores", e tamén lamentou o "desgusto" que se levou o dono dos xoguetes, un novo estudante de Historia da arte de 20 anos. Os organizadores informaron de que se está procedendo a valorar as pezas roubadas, para estudar a maneira de compensar ao dono da colección que as cedeu para a mostra.

Unha das pezas roubadas na exposición de xoguetes antigos de Redondela
Unha das pezas roubadas na exposición de xoguetes antigos de Redondela | Fonte: OBRADOIRO DE ESTUDOS LOCAIS FERNANDO MONROY

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta