O PPdeG esixe ao Goberno "claridade" nos seus plans sobre o futuro asistencial dos funcionarios de Muface

Os dirixentes populares trasladaron "o seu compromiso" coa defensa e continuidade de Muface, e ratificaron a súa preocupación sobre o futuro da mesma e dos máis de 58.000 funcionarios que están adscritos en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2025 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O PPdeG esixiu ao Goberno central unha postura clara sobre os seus plans de futuro para Muface e sobre a atención sanitaria aos mutualistas, de forma que se "garanta" a súa continuidade asistencial e, de ser necesario, tamén a súa "integración progresiva" na sanidade pública. Nun comunicado, a deputada Marta González remarcou que urxe unha resposta do Goberno central e esgrimiu que os prazos "van pasando", mentres que o Executivo central segue sen ter unha "postura común" sobre unha situación "tan complexa" como en "tantas outras ocasións".

Os populares lanzaron esta mensaxe tras manter unha reunión no Congreso con representantes da CSIF. Os dirixentes populares trasladaron "o seu compromiso" coa defensa e continuidade de Muface, e ratificaron a súa preocupación sobre o futuro da mesma e dos máis de 58.000 funcionarios que están adscritos en Galicia. Entre outras cuestións, os populares pide unha maior vontade de negociación coas aseguradoras, co fin de que os funcionarios pertencentes a Muface reciban a atención sanitaria que "demandan".

Do mesmo xeito, o PPdeG destaca no seu comunicado o informe presentado pola Xunta o pasado 9 de decembro sobre o impacto que suporía na sanidade pública atender ao total de funcionarios de Galicia inscritos en Muface. Neste informe recóllese un incremento do gasto sanitario de case 170 millóns de euros ao ano, da actividade asistencial actual de entre un 2 % e un 3 %, da lista de espera cirúrxica en 11,4 días e da de consulta de especialista en 4,3 días.

Deputados populares no Congreso
Deputados populares no Congreso | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta