A Xunta estende ao litoral lucense a alerta laranxa activa por temporal costeiro na Coruña e Pontevedra

A Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da liña da costa, como os diques, rompientes e paseos marítimos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/01/2025 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A Xunta ampliou á Mariña lucense a alerta laranxa por temporal costeiro activa desde o sábado pola tarde no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Así, co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do centro de emerxencias aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde esta madrugada na Mariña lucense por mar combinado ao oeste cambiando a noroeste e ondas de ata seis metros con vento do suroeste mudando a noroeste de forza sete. Pola súa banda, a costa da Coruña e Pontevedra segue en aviso laranxa desde a xornada do sábado.

Por todo iso, o Executivo galego lembrou a importancia de manterse afastado da liña da costa, como diques, rompientes e paseos marítimos. Así mesmo, piden que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que revisen cabos e amarres das embarcacións.

A Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da liña da costa, como os diques, rompientes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cambos e amarres das embarcacións.

Ondada no litoral da Coruña / M. Dylan - Arquivo / Europa Press
Ondada no litoral da Coruña / M. Dylan - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta