Case unha vintena de centros renovan a súa participación no modelo de educación patrimonial Ponche...nas ondas!

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2025 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Un total de 19 centros educativos de Galicia renovaron este curso a súa participación no modelo de educación patrimonial Ponche...nas ondas!, recoñecido pola Unesco como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio.

A través deste programa foméntase a implicación dos escolares nas súas propias tradicións e búscase sensibilizar sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial, promovendo a transmisión a novas xeracións e traballando para afianzar os lazos coa lusofonía e con Portugal.

Os colexios e institutos que participan deste modelo contan cunha serie de recursos e son recoñecidos como centros Ponte...nas ondas!. Segundo informou a Xunta, o obxectivo é incorporar a máis centros a este sistema, que foi recoñecido pola Unesco e que naceu en 1995 da man da asociación cultural e pedagóxica Ponche...nas ondas! na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Nenos participando no proxecto Ponte...nas ondas!
Nenos participando no proxecto Ponte...nas ondas!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta