Investigan se a muller atopada nunha praia de Porto do Son é unha desaparecida en Portugal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2025 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A autopsia da muller atopada morta nunha praia do municipio coruñés de Porto do Son está programada para levar a cabo este martes. Segundo informa a Garda Civil este martes, polo momento descoñécense as causas e o tempo que a falecida leva morta a falta de ser practicada a autopsia.

A vítima, duns 50 anos, non levaba documentación. Unha das principais hipóteses coas que se traballa é que a muller sexa unha venezolana desaparecida en Esposende a final de ano, xa que non se ten constancia de desaparicións na comarca do Barbanza.

O corpo foi localizado por un particular que se atopaba de paseo, preto das 14,00 horas do pasado luns, na praia de Arnela. Ao lugar trasladouse unha patrulla de Padrón que deu aviso ao forense e ao xuíz, para proceder ao levantamento do cadáver, así como un equipo da Policía Xudicial. O corpo foi trasladado posteriormente ao tanatorio de Boqueixón co fin de realizarlle a autopsia.

Praia de Arnela
Praia de Arnela | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta