Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2025 | Actualizada ás 18:34
A reserva hídrica dos encoros galegos continúa unha semana máis a súa tendencia descendente e sitúase no 58,16 % da súa capacidade, dous puntos menos que fai sete días. En concreto, de acordo aos datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, as presas de Galicia contabilizan 2.160 hectómetros cúbicos de auga almacenada, fronte aos 2.342 que había unha semana atrás.
No caso dos encoros da conca Miño-Sil, están ao 53,6 % da súa capacidade con 1.624 hectómetros cúbicos. En sete días perderon 65 hectómetros cúbicos, máis de dous puntos porcentuais. Ademais, están por baixo do valor de hai un ano e da media da última década. Con todo, os da conca Galicia Costa gañaron auga, concretamente dez hectómetros cúbicos. Por tanto, actualmente conteñen 563, o 82,3 % da súa capacidade, punto e medio máis que fai sete días. É máis que a media dos últimos dez anos, pero menos que hai un ano. A nivel estatal, a reserva hídrica está ao 51,7 % da súa capacidade con 28.953 hectómetros cúbicos. Con respecto á semana pasada só perdeu 20, polo que ten a mesma porcentaxe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.