Sánchez: “Tamén Galicia ten que ter dereito de autodeterminación?”

O líder socialista acusa a En Marea e Podemos de “romper España” por insistir na autodeterminación de Cataluña. Alexandra Fernández critica que non teña en conta as “sensibilidades” das nacións do Estado e Besteiro dílle que o único que presentou acordos para Galicia foi o PSOE.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 02/03/2016 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O candidato á investidura, Pedro Sánchez, acusou a En Marea, a Podemos e a En Comú Podem de “romper España” por insistir no dereito de autodeterminación do pobo catalán. De feito, Sánchez dirixiuse especialmente á portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, para que explique se cre que "tamén en Galicia ten que haber dereito de autodeterminación". É así señor Iglesiass?", dixo durante a súa réplica ao portavoz da confluencia catalá.

Pedro Sánchez no seu primeiro discurso de investidura no Congreso
Pedro Sánchez no seu primeiro discurso de investidura no Congreso | Fonte: tvg

Por iso, Sánchez suliñou que non apoiará un referendo soberanista en Cataluña porque "non se pode trocear a soberanía nacional". Tras defender que a Constitución non pode ser un "pim, pam, pum entre distintos partidos", lembroulle a Domènech que, antes de que eles, o PSC xa recoñecía a singularidade e a identidade do pobo catalán.

Sánchez enumerou unha decena de medidas que Podemos e as súas confluencias inclúen na súa proposta de goberno e que tamén recolle o acordo do PSOE e Cidadadanos, case todas en materia de política social.

Críticas de En Marea

Pola súa parte, Alexandra Fernández, ratificou o voto contrario á investidura do socialista Pedro Sánchez como presidente do Goberno porque, segundo dixo, o seu pacto con Cidadanos obvia que o 20D supuxo a fin da “burbulla do Estado das Autonomías". Por iso, dixo “non” ao continuísmo e suliñou que o bipartidismo nunca tivo en conta a pluralidade existente nas distintas nacións do Estado, así como das burbullas da corrupción, do Estado das autonomías e do soño europeo, convertido en "pesadelo dos pobos".

Alexandra Fernández intervén no Congreso
Alexandra Fernández intervén no Congreso | Fonte: congreso.es

Fernández interveu na quenda de Podemos, despois de Pablo Iglesias e de Xavier Doménech, con quen se repartiu o tempo, para defender a postura de En Marea, nun discurso breve no que expresou o esgotamento dos centos de miles de galegos "cansos de esperar que as institucións se poñan ao servizo da xente". Segundo o seu criterio, o único que fixo Sánchez "é dar voltas para acabar sentado nas mesmas burbullas que sosteñen o réxime do 78".

Tamén reclamou compromisos "firmes" para Galicia, unha terra na que se conxugan dúas particularidades: "ser nación cunha cultura e unha lingua propias" e ser periférica. Así, criticou que os sectores produtivos galegos non son estratéxicos para o Estado, pero "si vitais" para Galicia, e incidiu en que autogoberno e benestar son "dúas caras da mesma moeda".

Besteiro

En troques, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sostivo hoxe que o PSOE tratou a En Marea "cunha actitude moito máis positiva e máis protagonismo" que Podemos, e sinalou que neste momento o que están a facer os socialistas é "construír un goberno de cambio" para o país.

"O PSOE tivo unha actitude con En Marea que nin Podemos tivo",dixo ao lembra que foi o PSOE o que puxo "encima da mesa as reivindicacións e preocupacións de Galicia" pois "até hai poucos días nin sabiamos que propostas tiñan, porque no documento que se remitiu por Podemos ao PSOE non se mencionaba para nada a Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

4 nostrus

En Valdeorras tamen hai un feito diferenciado, vivimos directa ou indirectamente da pizarra e do viño, temos un microclima diferenciado e temos a O Cristo como patron. Quixera que me dixera algun nacionalista con estudos si tamen temos dereito a autodeterminacion. Que me digan de paso si os de Valdeorras e os do Bierzo queremos xuntarnos e facer unha nacion entre nos, si temos dereito e abonda só coa nosa decision sin contar con ninguen mais. Que mo digan que teño unha angustia que non vivo.

1 Turple

Claro que sí. Unha vez que Galiza sexa independente podedes facer un referendum para saber se queredes quedar nun país atlántico ou pasar a formar parte do continente africano e do seu conxunto de países. Supoño que lle vades vender moito viño aos musulmáns e sobre todo moita pizarra para cubrir as chozas que teñen alén Padornelo. Ou podedes optar por seguir nun país do primeiro mundo e venderlla a Francia, Gran Bretaña...etc. Sempre vas ter algo ao teu favor, nunca te van confundir cun magrebí como lles ocorre aos do outro lado do Telón de Grelos. Incluso así Galiza farache un último favor.

2 nostrus

Turple. Polo que se ve, eres ti un dos maximos exponentes intelectuais do nacionalismo e atréveste a debatir, pero para o que aportas case mellor que non o fixeras. Digo eu, as parroquias ..¿tamen teñen dereito a autodeterminacion?, alomenos razóname porque as parroquias non poden telo e Galicia si, ¿e polo galego?, eu mais ben creo que é por motivos espirituais. E compatible ser nacionalista e ter o cerebro sin estrenar.

3 galegos que non queren ser

Ti tes un problema crónico, común en algúns galegos,chamase ´Sindrome de Michael Jackson". Tedes vergoña se ser o que sodes e disfrazadesvos do que queredes ser. Eu non son psiquiatra, pero coido que só indo a vivir a Valladolid, poño por caso, curades o voso problema.

4 Lurpiám

Não entendo, eu, quando vou por algum desses meios falanjoides e intento ter uma mínima opinião discordante imediatamente sou banido. porquê eu sim tenho que vir a este meio que considero amigo e ler estas cagadinhas de Gaviotoros falanjoides???? ***GORA CATALUNYA LIVRE (primeiro...)***

3 Sesese

O Sálvame quedase corto vendo as suas "señorias". Si antes era un circo, que e agora?

1 Fraco

Xa. En cambio cando estaba Paco Rodríguez era o Madison Square Garden.

2 Dores

¿É cousa miña ou jamás de los jamases un presidente español se referiu a Galiza neses termos? ¿É cousa miña ou a coalición BNG-PSOE funcionou sempre como coalición para repartir cargos e non falar máis alá do Estatuto? ¿É cousa miña ou o Bloque só emprega a linguaxe nacionalista para desacreditar aos próximos, pero nunca puxo ao PSOE nun problema esixindo "ou soberanía, ou non hai pactos de goberno con vós polo menos nunha lexislatura? ¿É cousa miña ou na práctica, como sabemos os votantes da esquerda independentista, En Marea é de facto máis nacionalista que o Bloque? Ah. E queridos bloqueiros, en vez de "é cousa túa" dicídeme cando, que os diarios de sesións están en Internet, un presidente español relacionou Galiza co dereito de autodeterminación?

1 Fraco

Moi boa!

2 xacobe

Sonche cousas dos "anexos"

3 tor

Penoso, As Mareas e Podemos inda o estan a facer peor que IU e o BNG que xa e decir.Son totalitarios non parecen entender que de ruptura nada de nada, e actuan como se tivesen maioria se nono remedian antes do venres e tratan de sacar algo mais postivo do que se ofrece pola sua abstencion e dese xeito ter controlado ao novo presidente,,, pero temo que non que diran que non pedindo a lua quedando de progres e facendo que se repitan as eleccions pra dar o sorpasso(e o quq se intenta) ao Psoe, pra que logo o Psoe pacte con eles (que nono fara) e nos quedemos con Rajoi e PP,, aplausos.E dicir ou todo ou nada , non saben escoller entre malo e menos malo ,,, mal asunto.Totalitarismo

4 E pousa

É cousa túa

1 Alberto P.

De España nin bo vento nin bo casamento.

1 nostrus

Cierto, pero solo por la parte que le toca aportar a los nacionalismos, porque del resto España es una gran nacion. Que quede claro: España es una gran nacion y con muchas virtudes, aun incluso con la parte que enmarranan a los nacionalismos.

2 Vostrus

Querido nostrus, famoso troll de Galicia Pilingui que tanto desprezas o que xamais poderás deixar de ser, mal que che pese: xa "el resto de España es una gran nación", por que non liscas dunha vez e levas canda ti os da túa raza? Viviremos mellor

3 nostrus

Vostrus. Como bien sabes no desprecio nada de lo que soy porque no tengo autoodio, no soy renegado y no desprecio a nadie. Galicia es una gran region, solidaria, española y satisfecha de lo que es, incluso a pesar de los nacionalistas que se dedican a mancharla. Yo quiero lo mejor para mis compatriotas, no excluyo a nadie de la españolidad ni mando marchar a nadie, entre otras cosas porque no soy nacionalista.

4 Petim-ceive

Nostrus, satisfeita é tua nai, mas tampouco pede moito ... vai aprendendo dela e deixa-nos em paz, seu cretino

5 Antinostrus

Este Nostrus o problema non o tén coa Nai (unha Santa, aínda que se chame Espagña e todo deus monte nela coma se fose unha bisicleta) senón co missing do seu Pai...................