Feridas tres persoas tras unha colisión por alcance entre tres vehículos en Santiago de Compostela

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2025 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas tras unha colisión por alcance entre tres vehículos en Santiago de Compostela.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 21.00 horas do sábado e foi unha das persoas implicadas no accidente a que deu a voz de alarma mediante o sistema autómatico de chamada de emerxencia do vehículo.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron ás persoas feridas, a Policía Local e Protección Civil.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta