Falece a muller de Cerdedo-Cotobade á que o seu fillo deu unha malleira

Os feitos aconteceron o pasado 2 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2025 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

A muller do municipio de Cerdedo-Cotobade, de 79 anos de idade, á que o seu fillo unha malleira o pasado 2 de xaneiro faleceu. A vítima permanecía ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde foi trasladada en helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061 con prognóstico crítico debido aos golpes propinados polo seu fillo.

Un home de 46 anos foi detido ese día por un delito de tentativa de homicidio tras propinar unha malleira á súa nai na parroquia de Santa María de Sacos, en Cerdedo-Cotobade. Unha vez arrestado, o fillo, que reside habitualmente no municipio pontevedrés de Barro, foi trasladado á unidade de psiquiatría do Hospital Montecelo de Pontevedra.

Os feitos tiveron lugar no mediodía do 2 de xaneiro, ao redor das 14,00 horas, no domicilio familiar no que residía a vítima, situado no lugar de Vila de Abaixo da parroquia de Santa María de Sacos. A investigación apunta a que o fillo propinou unha malleira a golpes á súa nai ata deixala en estado crítico, agora falecida. Unha hora despois, o home foi arrestado nas inmediacións da casa, onde se concentraba un grupo de veciños que avisaron á Garda Civil da presenza do sospeitoso. Foron os veciños quen deron a voz de alarma ao 112 tras atopar á muller tirada no chan.

A porta da casa onde un home propinou onte unha malleira á súa nai, cun precinto da Garda Civil
A porta da casa onde un home propinou onte unha malleira á súa nai, cun precinto da Garda Civil | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta