Quintana desvela por que o bipartito perdeu a Xunta: “Un prócer coruñés quería cambiar o concurso eólico”

O ex delegado de La Voz en Ourense atacou duramente nun artigo ao ex vicepresidente da Xunta por deixar o BNG. “Contigo empezó el desastre que ahora parece haber tocado fondo. Y cuando unos aguerridos militantes, con Ana Pontón al frente, se aprestan a sacarlo a flote, eres el primero en abandonar el barco”, apunta o xornal coruñes. Anxo Quintana contesta nunha misiva na que explica porque La Voz usa ao BNG para atacalo a el.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2016 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Que pasa en La Voz de Galicia para que o BNG sexa agora mimado dun xeito ata agora nunca visto?. Hai unha semana era o articulista Xosé Carlos Caneiro quen publicaba un laudatorio artigo sobre a nova dirección nacionalista e hai uns días era o ex delegado de la Voz en Ourense, José Ramón Rubín –home moi vinculado a este medio--, o que escribía un durísimo artigo de opinión contra o ex vicepresidente da Xunta, utilizando, precisamente, a súa saída do Bloque. Unha misiva que Anxo Quintana contestou a través das súas redes sociais tentando explicar de onde ven ese odio cara a súa persoa: “dun prócer coruñés” que quixo cambiar o concurso eólico ao seu antollo.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

Precisamente, a través da contestación de Quintana pódese entender o xiro informativo de La Voz con respecto ao BNG, sobre todo, logo de que moitos dos seus militantes apoiaran, xusto despois de perder o goberno da Xunta, o famoso boicoz contra este medio que xurdiu na rede social Chuza.

Pero xa pasaron sete anos desde ese primeiro "Boicoz" e moitas cousas cambiaron no BNG. Agora xa non está Quintana, nin Beiras, nin Carlos Aymerich. Tampouco o Bloque é o que era. En fronte ten agora a En Marea, unha formación que, coma entón os nacionalistas, non ten boa prensa nos principais medios de comunicación galegos, entre eles, por suposto, La Voz de Galicia.

Por iso, o xornal coruñés aproveitou a saída de Anxo Quintana desta forza política para acusalo de terse aproveitado do seu cargo como vicepresidente e de terse convertido, agora nun burócrata. Unhas duras acusacións que o ex vicepresidente non puido pasar por alto.

Porque esta teima contra unha persoa que xa non está na vida pública? Porque tanto odio e tanta mala baba?  Cando andabamos a buscar bois para a festa de Allariz e tentabamos buscar as razóns de que algún saíse malo,o Emilio Cabaleiro aclaraba a situación con sabedoría de tratante: é cousa do animal, dicía. Nesta penúltima misiva periodística moito do dito é cousa do animal. Pero tamén forma parte de algo que comezou a mediados do 2008 e que todo o mundo debe coñecer”, apunta Quintana ao falar sobre o odio que en La Voz hai cara a súa persoa.

Anxo Quintana
Anxo Quintana

Neste sentido, acusa indirectamente a un “prócer herculino”, en alusión a Santiago Rey, editor do xornal coruñes, de ser o responsable desta caza de bruxas cara a súa persoa por negarse Quintana a modificar o concurso eólico do bipartito. Algo que faría, despois, o Partido Popular, e que, tamén foi  declarado ilegal polos tribunais.

Así o conta Anxo Quintana:

Naquel ano fun chamado a contas para comparecer ante determinado prócer herculino. Pedíronme  explicacións  sobre a  nosa  intención  de  utilizar,  legal e  democraticamente, o concurso eólico promovido polo bipartito para fortalecer o tecido empresarial galego e crear traballo e riqueza en Galicia. Pedíuseme unha rectificación. Quíxoseme facer ver “que las cosas no se hacen así”. Afirmouse diante de min, como se eu non estivera diante que”un enfermero de Allariz no puede venir a cambiar el marco económico de Galicia”. Avisóuseme de que me ativera as consecuencias. A miña resposta foi NON e a miña réplica unha recomendación: o que queira mandar en Galicia que se presente as eleccións. Nunca outra fixera! Xusto despois desa reunión un diario coruñés de dereitas comezou unha auténtica cacería contra min e contra o meu partido daquela. Paxinas enteiras con xente maior a que supostamente se lle deixaba morrer sen axudas, Galescolas onde os nenos de un ano antes de aprender a falar se lles ensinaba a cantar o himno galego,oposicións amañadas aínda que nunca se celebraran. O que fixera falla. Sen reparar en gastos nin razóns. E así ata a campaña electoral do 2009, que pasou á historia como a campaña mais porca de todas as que se coñeceron ata entón e que marcou tendencia para as posteriores. E  todo  para  que?  Para  conseguir  que  afoutados  militantes  e  votantes  de  esquerda  e nacionalistas se desmobilizaran, creran as mentiras dos alleos antes que os argumentos dos propios  e conseguir así eliminar pola vía das urnas o que non conseguirán coas ameazas de despacho. E conseguírono. Triunfaron”.

Este mesmo venres La Voz de Galicia publicaba unha entrevista a Ana Belén Pontón. Nesa noticia, que o xornal coruñés titula “O nacionalismo galego non pode converterse nunha sucursal de Podemos”, preguntóuselle á nova líder do BNG sobre Quintana. A súa resposta: “Boas intencións. Pero fracasou”.

Este é o artigo publicado por Rubín neste artigo en La Voz:

Carta abierta a Anxo Quintana

No sé si alguno de tus hagiógrafos, estimado ex vicepresidente de la Xunta y exalcalde de Allariz, estará escribiendo ya la letra de «No llores por mí, Galiza» al modo que en su día los de Evita Perón firmaron No llores por mí, Argentina. Esta semana le comunicaste al BNG tu baja porque «non comparto nin na forma, nin no fondo, nin na táctica, nin nos obxectivos, o proxecto político do BNG de hoxe». ¡Cuánta felonía y desagradecimiento veo en tus palabras! Las pronuncias tú, que llevaste al BNG, tras apartar de forma artera a Beiras, al declive actual. En el 2001, con Beiras al frente, el BNG había obtenido 346.423 votos y 17 escaños. Contigo, en el 2005, cuatro diputados menos a pesar de lo cual, y por el ascenso del PSOE, llegaste a vicepresidente de la Xunta. ¿Nunca reflexionaste sobre tus errores para que, ostentando el poder, perdieses en el 2009, un diputado más y 75.711 votos? No olfateaste el clamor social de cambio y pensaste que el carro clientelar inventado por el PP iba a ser tu panacea. No solo bailaste el agarrado en la Festa dos Maiores de O Carballiño creada por Fraga sino que organizaste una por provincia para repetir el ritual. Colocabas a los tuyos en Santiago y a cinco semanas de las elecciones convocaste 271 plazas de personal laboral fijo que el Movemento pola Igualdade do Emprego Público, dijo que era «un paso máis para substituír as redes clientelares e caciquiles do PP polas do BNG». En esas «oposiciones» se valoraba más la experiencia de un año en el puesto, en el que habían entrado decenas y decenas de militantes del Bloque a dedo, que la preparación y capacidad lo que llevó a dicho Movemento (que no era precisamente del PP) a acusarte de «superar con creces os métodos de Cacharro e Baltar». Le amargaste la vida a Touriño creando un poder paralelo en la Xunta y llevaste el modelo al Concello de Ourense con aquella Tenencia de Alcaldía que dejó al Bloque sumido en la nada.

De aquellos polvos vienen estos lodos, estimado ex vicepresidente. Fuiste siempre un burócrata del BNG y no un guía del BNG. Mandabas, pero no liderabas. Tenías potestas pero te faltaba la auctoritas que le sobraba, y le sigue sobrando, a Beiras. Contigo empezó el desastre que ahora parece haber tocado fondo. Y cuando unos aguerridos militantes, con Ana Pontón al frente, se aprestan a sacarlo a flote, eres el primero en abandonar el barco sin dedicar una línea de agradecimiento a un BNG que, cuando tus errores le entregaron el poder a Feijoo, te mantuvo despacho, secretaria, coche y 8.500 euros brutos al mes que era el sueldo más alto del Bloque y un 12 % superior al del presidente de la Xunta. Un BNG que te estuvo pagando mientras tú montabas empresas para hacer negocios de intermediación con Iberoamérica y África. Me parece que este hecho, el de dedicarte a los negocios tras solo cuatro años en el gobierno y no regresar a la sanidad pública, de la que provenías como enfermero, es un mal ejemplo que te inhabilita para dar lecciones en la política actual.

Tu estilo made in Baltar te salió bien en lo personal pero hundió a los tuyos en lo político. Dices que te vas del BNG pero no del nacionalismo. Mejor si dijeras que te ibas del BNG pero no del galleguismo. Así serías coherente con Fraga y Baltar (galleguistas de pro) a los que tanto vituperaste en la teoría y tanto copiaste en la práctica. Ah, perdona que te escriba en castellano pero es que cuando habías fichado por la Cope como tertuliano percibí tu amor por el precioso idioma de Cervantes. Me permito recordarte, por si la necesitas para tu «No llores por mí, Galiza», una estrofa de la canción dedicada a Evita: «Mis lujos son solamente un disfraz; un juego burgués, nada más; las reglas del ceremonial». A lo mejor, cuela.

E esta a resposta de Quintana:


E COUSA DO ANIMAL....

Manuel Rivas escribía hai pouco nun periódico de Madrid sobre “la pereza del insulto”. Un breve artigo no que con mestría literaria relata o aburrimento de quen ten que soportar a continua emisión de improperios como substituta dos argumentos e as razóns. O ex director da sección ourensá dun xornal coruñés de dereitas tivo a ben dedicarme unha carta aberta nos pasados días. En domingo e a toda páxina. Tanta atención abafa. Non son lector de tal diario, pero a rede social do twitter fixo que chegara ás miñas mans. Dende entón, son varios os amigos que me teñen pedido unha contestación a semellante libelo. A miña primeira reacción foi a mesma cá de Rivas: nugalla. Preguiza de ter que estar contestando  oito  anos  despois  os  mesmos  insultos,  as  mesmas  mentiras  e  os  mesmos plumíferos a soldo. Pero anímome finalmente a facelo por eles, polos amigos que aínda o son, pola miña familia e os meus fillos, que existen e xa saben ler, pola miña parella, que leva soportado máis do que se lle pode pedir e a quen quero con toda a alma. Nin eles nin eu merecemos isto. Escribo estas letras no único medio que este “ricachón” ten ao seu dispor: na miña paxina da rede social Facebook. A páxina ten 5.000 amigos adheridos. Non sei se o xornal coruñés ten tantos lectores en Ourense. Pido desculpas de antemán por se o meu despregue de medios fai desigual a batalla dialéctica. Para o compensar adxunto a esta carta link do artigo en cuestión. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/allariz/2016/03/06/carta-abierta-anxo-quintana/0003_201603O6C4991.htm. Confío plenamente na intelixencia da xente, e sei que o coñecemento  de  primeira  man  dun  intento  de  difamación  tan  groseiro  servirá  para descualificar a quen o escribe e non a quen vai dirixido. Hai unha semana escribín unha carta ao BNG para solicitar a miña baixa como militante. Non fun eu o primeiro en facer pública a carta nin concedín ningunha entrevista para afondar no tema. Oportunidades non me faltaron. Coa miña baixa so tentei oficializar sen estridencias o que xa era una realidade na práctica. Tentei que fora unha despedida de compañeiros: con agradecemento sincero polo moito que compartimos e sen reproches que á luz de toda una vida resultarían inxustos. Neste muro de Facebook pode verse a mencionada carta, para que todos poidan xulgar e para que quen escribiu o artigo a poida ler, porque á vista do que dixo seguramente se lle pasou tan pequeno detalle.Felonía? Desagradecemento? Quizais para quen pasou amarrado a mesma cadeira mais de 30 anos, escribindo ao ditado do amo, resulte difícil entender que deixar una asociación de adscrición voluntaria cando non se comparten os seus postulados é un exercicio de honestidade, nunca unha felonía. Habería moito que falar sobre o devalo electoral do nacionalismo nos últimos anos pero nin é o  momento  nin  ven  a  conto  agora.  Si  que  é  pertinente  lembrar  que  un  dos  poucos responsables políticos que se deu conta hai tempo de que DIMITIR non era un nome ruso fun eu. E por iso, a pesares de non sentirme persoalmente culpable dos resultados do 2009,asumín a miña responsabilidade e dimitín. Esperaba que en cabeza tan grande como a do cronista que nos ocupa puidera valorarse positivamente tal actitude. O que xa non esperaba e que tamén se me atribuísen os resultados dos últimos oito anos, as vicisitudes municipais dalgún concello e, se cadra, a vaga de frío que nos asola. Todo vale.

A partir de aí a ladaíña xa é a habitual. Impútanseme unhas oposicións que nunca se chegaron a  celebrar,  multiplícanse  maliciosamente  por  dous  o  soldo  e  persoal  a  disposición  dos membros da mesa do parlamento que so son criticables cando os recibe un enfermeiro de Allariz ou achacase como falta grave bailar con vellos —ata aí podiamos  chegar!— Pero para que a cousa teña máis chicha faltaba a acusación capital. Esa que se fai non so coa intención de desacreditar o adversario ante o público en xeral senón tamén de destruílo persoalmente e borrar o seu nome de calquera lugar de recoñecemento público: mentres estivo na política so foi un burócrata,fíxose rico e agora vive rodeado de luxo e ostentación. Case nada! As estreiteces de espazo nos medios escritos impide que o acusador inclúa outros delitos de común asignación a este reo: viaxe en iate, secuestrar vellos ou maltrato á parella ente outros. O de burócrata en cambio é novo e non por iso menos curioso. Penso que debo de ser dos poucos responsables políticos do posfranquismo que ten no seu currículo pasar pola cadea por defender una causa política democrática. Na miña traxectoria política, que xa ten case 40 anos, son moitos máis os anos dedicado a construír o sindicalismo agrario galego e o nacionalismo de base ca a ocupar cargos institucionais de goberno. Non fun elevado a ningún posto por ningún medio de comunicación nin lobby económico, e, cando deixei a vida pública, nin reclamei, nin se meu deu ningún posto público ou privado no que asentarme. Estraño perfil para un burócrata.   Cando deixo o parlamento galego en agosto de 2011 tomo a decisión de renunciar tamén á miña praza no SERGAS. Foi una decisión arriscada pero consciente. Quería pórme a proba fóra de calquera circuíto público. Comezar de cero. A miña vida foi sempre iso. Comezar de cero varias veces. Cos 10.000€ que tiña na miña conta, e que eran o meu único capital, constituín a miña propia empresa. Coñecín entón, que non antes, a persoas en Alxeria, Marrocos e Uruguai coas que montei oficinas de internacionalización empresarial neses países. Dende entón buscamos oportunidades  e  facemos  trámites  para  as  empresas  europeas  que  queren  traballar  no estranxeiro. Son un pequeno autónomo que, como milleiros en todo o país, loita todos os meses para que os ingresos dean para pagar ao banco, aos provedores e para atender a familia. O resultado, como o de milleiros e milleiros, é que os números máis frecuentes na conta bancaria son os vermellos. Nada anormal, nin do que haxa que sentirse orgullosos nin tristes. É a vida dunha persoa normal. Dende fai uns anos tamén administro xunto cun amigo, mais que socio, un local de hostalería en Allariz. Temos a satisfacción de crear varios postos de traballo no noso pobo e de intentar dar ben de comer. Debemos de recoñecer que ás veces os dous socios nos tomamos un chuletón sen pagar. Son os vicios da xente rica! Vivo na mesma casa de sempre, non teño patrimonio ningún e hai un ano cambiei o meu coche porque con 15 anos e 600.000km. deixou de andar. Outro desagradecido. Cambieino por un de segunda man a bo prezo, que puiden comprar grazas a un crédito do banco.Vamos, nada anormal. O propio dun burócrata potentado amigo de millonarios que pasean en iate ¡!!
E a pregunta final resulta evidente: porque? Porque esta teima contra unha persoa que xa non está na vida pública? Porque tanto odio e tanta mala baba?  Cando andabamos a buscar bois para a festa de Allariz e tentabamos buscar as razóns de que algún saíse malo,o Emilio Cabaleiro aclaraba a situación con sabedoría de tratante: é cousa do animal, dicía. Nesta penúltima misiva periodística moito do dito é cousa do animal. Pero tamén forma parte de algo que comezou a mediados do 2008 e que todo o mundo debe coñecer. Naquel ano fun chamado a contas para comparecer ante determinado prócer herculino. Pedíronme  explicacións  sobre a  nosa  intención  de  utilizar,  legal e  democraticamente, o concurso eólico promovido polo bipartito para fortalecer o tecido empresarial galego e crear traballo e riqueza en Galicia. Pedíuseme unha rectificación. Quíxoseme facer ver “que las cosas no se hacen así”. Afirmouse diante de min, como se eu non estivera diante que”un enfermero de Allariz no puede venir a cambiar el marco económico de Galicia”. Avisóuseme de que me ativera as consecuencias. A miña resposta foi NON e a miña réplica unha recomendación: o que queira mandar en Galicia que se presente as eleccións. Nunca outra fixera! Xusto despois desa reunión un diario coruñés de dereitas comezou unha auténtica cacería contra min e contra o meu partido daquela. Paxinas enteiras con xente maior a que supostamente se lle deixaba morrer sen axudas, Galescolas onde os nenos de un ano antes de aprender a falar se lles ensinaba a cantar o himno galego,oposicións amañadas aínda que nunca se celebraran. O que fixera falla. Sen reparar en gastos nin razóns. E así ata a campaña electoral do 2009, que pasou á historia como a campaña mais porca de todas as que se coñeceron ata entón e que marcou tendencia para as posteriores. E  todo  para  que?  Para  conseguir  que  afoutados  militantes  e  votantes  de  esquerda  e nacionalistas se desmobilizaran, creran as mentiras dos alleos antes que os argumentos dos propios  e conseguir así eliminar pola vía das urnas o que non conseguirán coas ameazas de despacho. E conseguírono. Triunfaron. Teño a inmensa sorte de ser de Allariz e vivir en Sada. Ser dalgún sitio é moi importante. En momentos coma este mais ca nunca. Allariz é unha comunidade pequena onde todos nos coñecemos e onde resulta difícil ocultar o que tes e o que non tes. No mundo no que se me coñece, falar de min como unha persoa rodeada de luxos e que nada na abundancia resulta cómico. Pero os intentos de difamación nunca van dirixidos a quen te coñece senón a quen simplemente te distingue. A difamación ten por obxecto crear unha lenda que impida o difamado a actuación pública e de paso destruílo como persoa. Por iso, se non fora pola xente que me quere e que sofre lendo tales barbaridades, riríame das burradas do director de provincias. Porque parecera que aínda teñen medo de que volva á vida publica. Porque non acaban de matar o seu fantasma. Porque non se cansan de intentar infundir medo. É por iso polo que malgastan enerxías e papel nunha cruzada que despois de tanto tempo vai camiño de emular as de Ricardo Corazón de León. O medo. O medo é a única arma de quen pretende determinar a vida da xente sen ter potestade nin dereito a facelo. O medo atenza as persoas e impídelles reaccionar ante o insulto e a difamación. O medo a ser o obxecto da próxima cacería afasta a xente da vida pública. Infundir medo é o único obxectivo de quen non informa e simplemente ameaza co escarnio publico. Eu aprendín a lume que non se pode vivir con medo.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

1 rtg4

Pfffff, que mal rollo hai aquí: por parte dos tres, incluido o redactor do titular que deixa caer que o bipartito caeu so por iso, e as razóns eran ben moitas mais (medo a imposición do galego na educación, ambiente irrespirable, medo a falar etc.). Incluido o redactor da Voz que parece non coñecer o que é a prudencia, a mesura, a falla de visceralidade se me apuran, e dan gañas de potar co corpo a corpo no que introduce ao lector. Polo demais, se eu tivera diante a Quintana diríalle: oes tí, ¿e da apertura dun xornal que era como a folla parroquial de Quintana, onde se loubaba continuamente o seu traballo e o do bipartito... e do peche deste xornal cando o PP botou abaixo o concurso eólico no que saía beneficiado Jacinto Rey? ¿Desto que falamos? Porque o TSXG pode dicir misa sobre a súa legalidade --para min aparente-- pero eu non caín dun guindo.

1 Xandokas

O bipartito caeu porque os burócratas gobernantes do BNG traizoaron aos militantes de base do Bloque. Porque para caciques e chourizos, xa tiñámos aos outros.