A Federación de Librarías reivindica "o talento ilustrador galego"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2025 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Librarías celebra o Día da Ilustración, dedicado este ano a Xosé Vizoso, reivindicando "o enorme talento ilustrador" do sector en Galicia e apostando por pór en valor o traballo artístico. "A ilustración forma parte do sector literario desde sempre, e o traballo que estes artistas desenvolven non sempre recibe o recoñecemento que merece", destacan desde a directiva da Federación.

Así, a entidade subliña a importancia de "apostar pola creatividade fronte ás tecnoloxías". "A intelixencia artificial pode ser unha ferramenta de traballo máis para os e as ilustradoras", recoñecen, pero "non será capaz de substituír o talento, a imaxinación e a creatividade destes profesionais, que son imprescindibles no día a día do sector literario".

Neste contexto, no marco do Día da Ilustración, a Federación quere romper unha lanza "a favor do traballo artesanal e creativo" que os ilustradores desenvolven cada día.

Presentación do carte das feiras do libro 2024.. FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS
Presentación do carte das feiras do libro 2024.. FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta