Por Galicia Confidencial | Madrid | 18/03/2016 | Actualizada ás 13:15
A Vía Nova de Ourense, vestixio da vía romana que atravesa o Val do Liomia e que unía antigamente as cidades de Bracara Augusta e Astúrica Augusta inicia o trámite para ser declarada Patrimonio Mundial da Humanidade.
A vía romana chegou a ser na Idade Media camiño xacobeo cun importante tránsito de peregrinos e forma parte da rede de Camiños Naturais do Ministerio de Medio Ambiente. Para En Marea o seguinte paso para garantir a súa protección é o recoñecemento como Patrimonio Mundial da Humanidade “por tratarse dunha fascinante paraxe que se manifesta nas súas fontes, miliarios, na importante igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, os cruceiros, os petos de ánimas, as pontes sobre os ríos ou a súa biodiversidade”.
Así o acordou a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados por unanimidade tras unha proposta impulsada por En Marea. “É para min un honor como defender unha proposición non de lei que ten que ver coa miña terra, esa Galicia dos verdes frenéticos que van ata o mar tal e coma a veu un día Gabriel García Márquez”, dixo durante a súa defensa deste espazo natural o deputado Miguel Anxo Fernán Vello, portavoz da Comisión de Cultura de En Marea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.