O Parlamento pide ao Goberno "os fondos necesarios" para programas de emprego

O mesmo texto insta o Goberno galego a colaborar co central, coa Unión Europea e cos colexios e institucións afectadas para o desenvolvemento de todas as medidas que garantan a posta en marcha do regulamento comunitario de datos sanitarios e a súa confidencialidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2025 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou este xoves unha iniciativa do PP para reclamar que o Goberno central transfira a Galicia "os fondos necesarios" para pór en marcha programas específicos de emprego.

Na comisión 5ª da Cámara, o PP sacou adiante, co 'si' do deputado de Democracia Ourensá e a abstención de BNG e PSdeG, este texto que pide á Xunta que se dirixa ao Executivo estatal para reclamar estas contías para programas específicos de emprego "a raíz do éxito dos proxectos piloto existentes na Comunidade".

Así mesmo, aprobouse outra proposición non de lei do Grupo Popular, neste caso co apoio de PSdeG e DO, e a abstención dos nacionalistas, para que a Xunta publique "un modelo de gobernación do espazo de datos" do Servizo Galego de Saúde (Sergas), co obxectivo de "mellorar a prestación de asistencia, investigación e innovación".

O mesmo texto insta o Goberno galego a colaborar co central, coa Unión Europea e cos colexios e institucións afectadas para o desenvolvemento de todas as medidas que garantan a posta en marcha do regulamento comunitario de datos sanitarios e a súa confidencialidade.

Comisión 5ª, de sanidade, política social e emprego do Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA
Comisión 5ª, de sanidade, política social e emprego do Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta