Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2025 | Actualizada ás 13:25
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, considerou que o conselleiro de Sandiade, Antonio Gómez Caamaño, "maniféstase coma se fose un cuñado" e pediulle "un pouco máis de rigor" en asuntos que afectan o acceso dos galegos á sanidade pública.
O xefe de filas do PSdeG pronunciouse deste xeito ao ser preguntado en rolda de prensa polas declaracións nas que o conselleiro considerase que os maiores manexan a aplicación móbil do Servizo Galego de Saúde (Sergas) "que te cagas".
"Hai algunhas cousas sobre as que un conselleiro debe de falar con rigor, con precisión", dixo Besteiro, que sostivo que "o conselleiro ás veces maniféstase coma se fose un cuñado". Besteiro pediu "rigor" e "seriedade" e sinalou que toda a poboación "é consciente" de que entre a poboación maior "hai máis dificultade para o acceso ás novas tecnoloxías". "Por tanto, un pouco máis de rigor. Xa non é a primeira do conselleiro", incidiu para sinalar que se trata de "temas serios" como o acceso das persoas maiores á sanidade pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.