Ana Miranda acusa á UE de "branquear" a Israel e chama a pór fin ao acordo de asociación

"En lugar de ver a unha UE forte e contundente condenando o xenocidio que Israel está a cometer co pobo palestino, vemos a unha UE que permite o asasinato e a deportación masiva de persoas que queren vivir na súa terra e que non respecta nin fai respectar o dereito internacional", destacou a eurodeputada do BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2025 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou o "branqueamento" que está a levar a cabo a Unión Europea (UE) respecto de Israel e esixiu que se poña fin ao acordo de asociación. Así fixo referencia á recepción da presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, ao ministro de Asuntos Exteriores do Goboerno de Isreal, Gideon Sa'aar, un recibimento que definiu como "un paso máis no proceso de branqueamento respecto ao goberno sionista".

"En lugar de ver a unha UE forte e contundente condenando o xenocidio que Israel está a cometer co pobo palestino, vemos a unha UE que permite o asasinato e a deportación masiva de persoas que queren vivir na súa terra e que non respecta nin fai respectar o dereito internacional", destacou a eurodeputada.

En liña cunha carta asinada xunto a outros eurodeputados e dirixida ao vicepresidente da Comisión Europea, Kaja Sáea, Miranda asegurou que este encontro tamén representa "unha ofensa aos miles de vítimas en Gaza" e instou á UE a actuar "de forma coherente" contra as "violacións dos dereitos humanos por parte de Israel".

Ademais, a eurodeputada galega tamén criticou que a UE manteña o acordo de asociación UE-Israel, "que proporciona beneficios económicos e permite que a industria militar de Israel participe en iniciativas financiadas pola UE". Con todo, avogou tamén polo cesamento do comercio de armas e as exportacións de equipos militares de todos os Estados da UE a Israel, así como a exclusión das empresas que "operan en asentamentos ilegais" de todos os procesos de contratación da UE.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda
A eurodeputada do BNG Ana Miranda | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta