A Cámara condena a agresión mortal do avó do árbitro de Sanxenxo

"A loita contra a violencia é un partido que xogamos todos", di unha declaración institucional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2025 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia sumouse este mércores ás mostras de repulsa da sociedade galega pola morte de Andrés Rico, o home que faleceu facía días a consecuencia da agresión sufrida en decembro mentres asistía como público a un partido de balonmán formativo que arbitraba o seu neto.

"A loita contra a violencia é un partido que xogamos todos", proclama a declaración institucional lida polo presidente do Lexislativo autonómico, Miguel Ángel Santalices, durante a sesión plenaria que se retomou na mañá deste mércores no Pazo do Hórreo.

O Parlamento tamén fixo seu o manifesto promovido polas 59 federacións deportivas galegas e que será lido en pavillóns, campos e estadios de Galicia durante este fin de semana para apelar a erradicar a violencia dos deportes.

Tras manifestar as súas condolencias para familia e achegados de Andrés Rico, o texto expresa a súa repulsa por uns feitos, ocorridos o 15 de decembro nun pavillón de Vilalonga, que mostran "o lado máis escuro" do deporte e "que non se debe, que non se pode, repetir baixo ningún concepto".

Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta