Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2025 | Actualizada ás 15:27
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o decreto que establece o pago dunha axuda ás persoas que perciben unha prestación non contributiva. A Xunta destina 8 millóns de euros a ingresar de oficio un complemento extra de 218 euros ao redor de 36.500 persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos.
Este é un único pago anual que os beneficiarios reciben de maneira automática nas súas contas bancarias, sen necesidade de que o soliciten nin que fagan trámite algún. Deberán cumprir dous requisitos: ter residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina a data de 1 de xaneiro de 2025.
Galicia é unha das poucas comunidades que concede, de maneira ininterrompida desde o ano 2008, esta axuda extraordinaria que non é obrigatoria, pois son os propios gobernos autonómicos os que deciden mantela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.