Galicia terá unha primavera con temperaturas superiores ás normais

Esta é a previsión que manexa a AEMET para os meses de abril a xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2025 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Galicia, tras o sexto inverno máis cálido da serie histórica, prevé unha primavera --empeza o día 20--, de abril a xuño, con temperaturas "superiores ás normais", en liña co previsto en toda España, mentres que se espera que sexa unha estación con "precipitación normal". Así o explicou o meteorólogo da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) en Galicia, Rafael Sánchez, que incidiu en que se trata da "probabilidade" que manexan en base aos datos dispoñibles.

Todo iso tras un inverno que remata dentro dunha semana e que foi "moi cálido", algo que situou en liña do que está a ocorrer nos últimos anos. Neste sentido, insistiu en que se rexistraron, en xeral, temperaturas por enriba do normal cun mes de xaneiro "extremadamente cálido". "O terceiro xaneiro máis cálido da serie histórica, por baixo do de 2024 e 1966", especificou sobre o deste ano. Isto, con todo, co rexistro dos "días máis fríos do inverno". "As mínimas rexistráronse o 15 de xaneiro, nove graos baixo cero en Xinzo de Limia", especificou no caso do municipio ourensán.

PRECIPITACIÓNS

En canto ás precipitacións, foi húmido, sobre todo no noroeste de Galicia. "O 60 % dos invernos da serie histórica teñen un valor de precipitación inferior ao actual", aseverou. Respecto diso, sinalou que, aínda que decembro foi "moi seco", o de xaneiro foi distinto ao rexistrarse "o dobre da choiva normal" nun mes así. Ao fío diso, fixo referencia ao paso da borrasca Herminia. "O quinto máis húmido da serie histórica", precisou.

Praia
Praia | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta