Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2025 | Actualizada ás 16:07
Galicia rexistrou case 4.000 mortes máis que nacementos (3.947) no terceiro trimestre de 2024, segundo os datos de avance que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
En concreto, segundo esta información, en Galicia faleceron 7.365 persoas durante o terceiro trimestre, mentres naceron 3.418. Pola súa banda, contabilizáronse 3.563 matrimonios durante o mencionado período, deles 3.464 entre persoas de distinto sexo e 99 do mesmo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.