A Deputación da Coruña reclamará a Audasa 1,3 millóns polo IBI da AP-9 correspondente ao último trimestre de 2023

A Deputación da Coruña atenderá a demanda dos 18 municipios coruñeses polos que transcorre a AP-9 --todos menos A Coruña, Ferrol e Santiago-- de reclamar a Audasa os atrasos no IBI correspondentes aos meses que van do 19 de agosto de 2023 --cando terminou o fin da bonificación do 95 % da que gozou Audasa-- ata o 31 decembro de 2023.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/03/2025 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña reclamará a Audasa 1,3 millóns polo IBI da AP-9 no último trimestre de 2023, segundo informou a institución provincial tras unha reunión de concellos da provincia pola que discorre a AP-9. O seu titular, Valentín González Formoso, mantivo, no Pazo de Mariñán, en Bergondo, unha reunión cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia na que se decidiu tamén iniciar negociacións para unha actualización catastral que revise as cantidades que Audasa paga en concepto de IBI.

Durante o encontro, o presidente provincial confirmou que a Deputación da Coruña atenderá a demanda dos municipios de reclamar a Audasa os atrasos no IBI correspondentes aos meses que van do 19 de agosto de 2023 --cando terminou o fin da bonificación do 95 % da que gozou Audasa-- ata o 31 decembro de 2023. "Unhas cantidades que suman un total de 1,3 millóns de euros nos 18 concellos que delegaron o cobro do IBI na Deputación, que son todos excepto as cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela", explica o organismo provincial.

Esta reclamación chega despois de que a Deputación liquidase a Audasa o 100 % do IBI de 2024, "o que supuxo para os 18 concellos da AP-9 que teñen delegada a xestión do IBI na Deputación pasar dunha recadación de apenas 189.000 euros a case 3,8 millóns de euros anuais". A decisión de liquidar o 100 % do IBI de 2024 tomouse de oficio, "sen custo ningún para os concellos nin para a cidadanía", lembrou Formoso, por parte dos servizos tributarios da Deputación en virtude do Real Decreto que establece no 19 de agosto de 2023 o fin do 95 % de bonificación do que gozou Audasa grazas a unha Lei de 1972.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside unha reunión sobre a AP-9 con representantes municipais
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside unha reunión sobre a AP-9 con representantes municipais | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta