Temas: PCG AGE

O PCG tamén suspende de militancia ao traballador de AGE investigado por pornografía infantil

Esta formación, na que milita R.S., di que "lamenta e condena" este tipo de accións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2016 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Primeiro foi AGE, despois EU e, agora, o Partido Comunista Galego (PCG) o que acaba de suspender de militancia ao traballor de AGE investigado por um presunto delito de pornografia infantil.

Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG) | Fonte: blogdelviejotopo.blogspot.com

“Tras ter constancia de que a persoa afiliada ao Partido Comunista de Galicia, investigada por presuntos delitos de pornografía infantil, dende Partido Comunista de Galicia ratificamos a suspensión de militancia iniciada de maneira cautelar o día de onte”, apunta nun comunicado esta organización. O investigado, tras ser detido o pasado luns xa foi liberado con cargos.

O PCG anuncia que seguirá co proceso interno segundo o previsto nos estatutos e lamenta e condena “este tipo de conductas que transcenden o ámbito político e constitúen un comportamento indigno e incompatible co compromiso” dos seus “valores éticos”.

Temas: PCG AGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 UPGueiro obreiro forever.

O enchufado da Yoli. O intocable, porque enchufouno a eterna afillada de Carrillo, (debe ser coma un título nobiliario) a Yoli procesiones de toda a vida vivindo de parásita e escarallando en Ferrolterra, o uneco movemento medio decente, na esquerda expañola. Reformista si, pero defensor dos traballadores. Fundido, traizoado e mal vendido a seita do Kol-eta, por oportunistas coma Yoli e Alberto Garzón,. A a 3 militantes de comprobado compromiso na militancia dende o franquismo, botounos o "comité de garantias", de garantias da Yoli, por cumplir co seu deber e denunciar o crime pederasta. A Yoli, o vello que promocionou a esta, e demais culpables, calan, nin siquer dan a cara. Viven moi ben no seu posto de parásito.

1 Montero

3 militantes de comprobado compromiso na militancia desde o franquismo? Mira dous deles se afiliaron hai uns poucos anos, e antes foron do BNG e antes ...... e da doble moral de Pepito Loureiro, están ben informados nas CCOO de Bazán. Dito esto, a Yoli ten que dar a cara sobre os seus actos

5 Balbino Fernández

No PCE igual que na UPG, prietas las filas!!! Pois xa tarda en conxugar o verbo dimitir, en primeira persoa do presente, imos ver Yolanda Díaz: eu dimito!!!

4 Agetas das targetas

Seguimos agardando a que a marea do Podemos explique porqué manten á señora Díaz, como deputada do seu grupo parlamentario. Tic toc tic toc.

3 Amigos para siempre

Se aplaudimos a Yolanda Diaz cando lle botou en cara a Feixoó as amizades perigosas (exemplo o narco Marcial Dorado ou os cursos do Crespo), a que agarda Yolanda para asumir responsabilidades polo seu candidato, que encabezou lista, sendo enchufado seu e protexido en Ferrol e no parlamento galego. E por riba con expulsións dos que denunciaron. Yolanda OS FEITOS demostran que ES FARSANTE!!!

2 Procesiones dimisión

Yolanda segue sen dimitir e xa pasaron dous días. E os purgados seguen sen readmitirse.