Silva prefire ao BNG como socio antes ca unhas mareas que “sobrevoan a realidade”

O nome de Carmela Silva colle forza como posíbel nova líder dos socialistas galegos. A presidenta da Deputación de Pontevedra carga contra as confluencias e gaba ao Bloque.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 24/04/2016 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

A mandataria provincial evitou descartarse para as primarias do seu partido, aínda que asegura que agora mesmo non é o intre de tomar esa decisión. Polo contrario, deixa claro xa que non vai ser candidata á Xunta, porque di asumiu un compromiso de catro anos na institución provincial.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra | Fonte: depo.es

As palabras de Silva en Radio Galicia chegan despois de que Abel Caballero, un dos seus mentores políticos,  lanzara unha xira para tratar de unir ao PSdeG. A política gabou a iniciativa do alcalde de Vigo para lograr que “o 100% do PSOE se xunte nun proxecto común”. Silva dixo compartir as propostas e Caballero e considera que os socialistas galegos están listos para un eventual adianto electoral.

Cuestionada sobre un posíbeis socios de goberno, Silva lanzou os seus dardos contra as mareas, tal e como ven facendo Caballero nas últimas semana. A presidenta da Deputación considera “aíndan non aterraron e eu creo que van a tardar un tempo, aínda sobrevoan a realidade e é bo que poñan os pés na terra porque hai xente agardando que gobernemos para eles”. É dicir, critica ás confluencias de esquerda pero asemade non rompe pontes de cara a un posíbel pacto postelectoral a nivel autonómico.

Fronte a suposta falta de contacto coa realidade das mareas, Silva presentou ao BNG como unha forza máis pragmática e, polo tanto, un socio máis probábel. “O BNG gobernou, coñece a administración, non son aventureiros, é moito máis doado con eles”, declarou.  Cómpre lembrar que os socialistas chegaron a acordos co Bloque para compartir os gobernos provinciais de Pontevedra, Lugo; baixo liderado do PSOE. 

En termos globais, estes acordos están a presentar moitas menos fisuras que as tensas relacións dos socialistas cos alcaldes das mareas naquelas cidades -como Ferrol, A Coruña ou Santiago- nas que hai gobernos das confluencias grazas, polo menos en parte, ao apoio de concelleiros socialistas. 

Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo
Carmela Silva e Abel Caballero na sinatura dun acordo | Fonte: www.depo.es

Velaquí a entrevista completa de Silva na Ser:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

4 Imparcial Marcial.

Carmela pola sua honradez e sinceridade é unha "rara avis" na formación dos PPinochos. Debe ser a uneca ou unha das poucas políticas decentes, realistas e comprometidas coa verdade, que lle quedan en nómina aos PePeiros.

3 Gamela

e ese proxecto alternativo do PSdeG ¿non se chamará José Blanco, alias Pepe? pois aínda temos Angrois pendente de resolver (?) e tamén o Estado de Alarma decretado contra os Controladores Aéreos para privatizar AENA (lástima que ZP fose tan inútil !)

1 Gamela

Ay Carmela que ben vives...! http://cabozo.com/taboext.php?grupo... Outros xa van alá, gracias aos aforros do voso amigo Pepiño, o mesmo do ático da Illa de Arousa... (?)

2 comunista independentista

Os partidos do rexime colonial (PP, Psoe, bloque) deféndese entre sí para defender os seus privilexios e para que todo siga igual.

1 Comunista

A ninguén sorprende que PP e PsoE (e La Voz, El Correo, La Región, Faro, Progreso...) prefiran ao BnG antes que ás Mareas. O BnG é unha organización domesticada que fai parte do sistema, as Mareas non. Así de claro.

1 podreiros = pp

digannos si o alcalde de SANTIAGE DE COMPOÑENDAS foi de viaxe en avion co presidente da untada de malicia FRIJOLES a vender liberalismo e conservadurismo o presidente da Arxentina o corrupptilbe panameñito o MACRI, e non foi de polison sinon e primeira disfrutando de wisqui e comilonas... as mareyas son PP - http://www.libertaddigital.com/espa...

2 Xulla

Repondendo a podreiros: o que si e PP e a fonte que utilizas, ou sexa libertad digital....xornal ppero onde os haxa...a proxima vez que querias insultar as mareas cita a feijolito ou a Fraga Ilibarne....non te cortes...