Por Europa Press / Redacción | MADRID | 07/04/2025 | Actualizada ás 22:10
O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación asinou este luns o acordo que permite o uso do catalán, o eúscaro e o galego nas sesións plenarias do Comité Económico e Social Europeo. Xa o pasado 25 de febreiro este órgano deu luz verde a este acordo. É un órgano consultivo da UE composto por 329 representantes das organizacións de traballadores e empresarios e outros grupos da sociedade civil, dos que 27 son españois.
O seu labor é emitir ditames sobre cuestións da UE para a Comisión Europea, o Consello da UE e o Parlamento Europeo, e actúa como ponte entre as institucións da Unión con capacidade decisoria e os cidadáns europeos.
O Goberno deu "a benvida" á decisión de "estender o uso das linguas cooficiais españolas ás intervencións dos seus membros nas sesións plenarias", o que aliña a esta institución coa situación que xa existe no Consello da UE ou Comité Europeo das Rexións, segundo explicou o Ministerio nun comunicado.
No seu comunicado, Exteriores lembrou que "a promoción do uso das linguas cooficiais na Unión Europea é unha prioridade do Goberno para alcanzar o obxectivo de levar a Europa nosa identidade nacional plurilingüe e de achegar as institucións á cidadanía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.