O "modelo Rueda" segundo Pontón: "Absolutismo, propaganda, feudalismo e clientelismo"

A líder do BNG describe unha Galicia "asoballada" e "vendida" aos intereses de "mineiras, eólicas e celulosas".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 23/04/2025 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A Galicia de Alfonso Rueda non ten nada que ver coa de Ana Pontón. De feito, a Galicia dun e a do outro é diametralmente oposta. Ata en cinco ocasións repetiu a palabra "propaganda" a líder nacionalista, tres a de "enchufismo" e "absolutimos" e dous a de "clientelismo" para definir o "modelo Rueda". "O que nos deixan en 16 anos é unha Galiza con menos poboación, cuns sectores productivos ameazados polas súas políticas, unha Galica con menos emprego industrial é á cola en innovación e onde a nosa lingua está en situación de emerxencia", espetoulle.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante o debate sobre o Estado da Autonomía, a 23 de abril de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia.. César Martínez - Europa Press
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante o debate sobre o Estado da Autonomía, a 23 de abril de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia.. César Martínez - Europa Press

A líder do BNG foi moi dura con Rueda e o seu goberno no discurso do Estado do País. Un discurso no que estivo moi presente o proxecto de Altri e o modelo industrial do PPdeG de "megaminería contaminante, macrocelulosas e espolio eólico das eléctricas, tanto por terra como por mar". De feito, acusou ao presidente galego de traizoar ao país por tentar vender os seus recursos a empresas internacionais.

Tamén criticou ao líder popular por "desprezar" aos milleiros de galegos que se manifestaron contra Altri, contra os problemas na sanidade pública ou pola situación do galego."Insulta ás persoas ques e manifestan en contra das súas políticas. Eses milleiros de galegos e galegas non son alborotadores, nin unha turba populista, son persoas traballadoras e dencentes que lexitimamente discrepan do seu goberno e saen á rúa para denfender o que considderan xusto", espetou.

A IRMÁ DE FEIJÓO

Pontón tamén lembrou os casos de "portas xiratorias" do PPdeG, entre eles, os da ex conselleira Beatriz Mato en Greenalia; a ex ministra Isabel Tocino ou ex conselleiro del Álamo no consello de administración de Ence, e os contratos clientelistas á empresa da irmá de Feijóo. "1.600 contratos a dedo por valor de 7 millóns de euros", indicou.

E neste sentido inscribiu o "estilo Rueda de goberno", un estilo, dixo "no que non quere cidadáns, quere servos". "Xa vemos onde nos conduce o seu estilo, ao ruedafeudalismo, onde a xente ten que ir a darlle as grazas ao gran líder polos favores que este reparte. Vostede non quere dereitos, quere caridade", suliñou. Un "estilo", repetiu, "no que confunde a maioría absoluta con absolutismo".

Por iso, rexeitou as ofertas de diálogo do presidente galego. "Promete puntos de encontro, pero en tres anos só se dignou a manter un encontro coa líder da oposición e sempre desprezou a man tendida do BNG para chegar a acordos en temas de País", dixo.  E lembrou o acto de aniversario realizado pola Xunta na Cidade da Cultura no que se convocou a sectores sociais para destacar os logros do primeiro ano de Rueda no Goberno galego. "Nunca, e dígollo coa máxima sinceridade, nunca pensei que asistiriamos a un acto de tal indignidade", engadiu.

"RUEDAFEUDALISMO"

Fronte a este "ruedafeudalismo", Pontón defendeu unha Galicia da xente que confíe nas potencialidades do seu país. Unh país, dixo, con sanidade e educación pública e que controle os seus recursos naturais para benefico propio. E para facelo posible, dixo, é necesario "un goberno alternativo" que "teña ao BNG como guía". "Ese é tamén o meu compromiso persoal, estar hoxe e sempre do lado dos galegos e das galegas", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta