Morre atropelada por un chimpín nunha leira en Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2025 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

Unha muller de 80 anos morreu no mediodía deste venres ao ser atropelada polo motocultor que manexaba nunha leira privada en Pontevedra, na parroquia de Alba. En concreto, ocorreu pouco despois das 13.45 horas no lugar de Guxilde. Sobre esa hora, un particular chamaba ao 112 Galicia para alertar do ocorrido.

De inmediato, os xestores da central de emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias-061 e dos axentes da Policía Nacional e Local. Unha vez no lugar, os sanitarios só puideron confirmar a morte da implicada. Fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press ratifican que se abriu unha investigación por este suceso que se trata dun accidente.

Motocultor
Motocultor | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta