Temas: DVICIO

Coñecerse na Internet aumenta as posibilidades de que a parella dure no tempo

Unha das consecuencias da actual crise é que aqueles que manteñen o seu posto de traballo deben facer horarios moito máis longos. Polo tanto, os cidadáns dispoñen de moito menos tempo para as necesarias actividades de lecer, entre as que está unha das máis básicas e populares, buscar parella.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 23/05/2016 | Actualizada ás 05:00

Comparte esta noticia

Este é un dos factores que explica o aumento dos portais adicados ao ‘ligoteo’, malia a prolongada recesión económica e o aumento das tarifas. A oferta é maior porque, ademais dos grandes nomes que levan lustros no sector e teñen unhas tarifas considerábeis, cada vez hai máis webs alternativas, moi especializadas e, en termos xerais, máis asequíbeis para os homes (pois as mulleres non soen pagar por estes servizos, dado que os portais as empregan como reclamo para captar a maioría da súa clientela, que é masculina). As cifras de inscritos neste tipo de páxinas é enome. Por exemplo, podemos atopar contactos de todo tipo en Amistiarum.com, con case 10.000 perfís activos só na Provincia da Coruña máis de 400.000 en todo o Estado.

Parella de feito en Galicia
Parella de feito en Galicia

Malia a súa aparente mala fama, as estadísticas mostran que a busca de parella a través da Rede é algo moi frecuente e que, ademais, pode ser máis eficaz que, por exemplo, o clásico método de saír a tomar unhas copas pola noite ou pedirlle aos amigos que lle presenten novas persoas.

Un dos informes máis citados neste eido é o realizado pola Academia Nacional das Ciencias en Estados Unidos ao longo dos exercicios 2005 e 2012. Segundo este prestixioso organismo, ao redor do 35% das vinte mil parellas enquisadas coñecéronse en liña. Unha porcentaxe moi superior ao do Estado, onde ningún estudio dá unha cifra superior ao 20%. 

Pero o dato máis importante é que unicamente o 7% estaban separados en 2013. Polo contrario, a porcentaxe de divorcio era maior entre as persoas que non se coñeceron na internet.

Que factores explican esta maior estabilidade? O estudo cita que as persoas que buscan amizade a través da Rede a miúdo tomán máis tempo para coñecerse. Ademais, realizan unha selección máis exhaustiva a priori. Lóxicamente, nun perfil da Rede hai moitos máis datos -e moito máis tempo para analizalos- que no ateigado ambiente dunha terraza ou dun bar. 

O informe analiza todo tipo de sitios nos que se pode coñecer a outra persoa grazas a Internet, incluídos foros, xogos online, chats e por suposto, as populares páxinas de contactos

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta