Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/06/2016 | Actualizada ás 09:30
A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) afirmou que o xerente, Féliz Rubial, "atenta contra a liberdade sindical e de expresión" dos profesionais que participan nun encerro dende o pasado mércores no Hospital Meixoeiro para protestar "pacífica e democraticamente" contra o "desmantelamento" do centro e o peche de camas.
Nun comunicado, criticou que o xerente remitiu senllos escritos á xunta de persoal e á plataforma SOS Meixoeiro "censurando" a actitude dos participantes na concentración que realizaron o pasado mércores, e "esixindo a retirada inmediata" das pancartas que colgaron durante o encerro, nas que a vai o nome dos colectivos convocantes.
Ante estas cuestións, a través doutro escrito reprobaron o que consideran un "atentado contra a liberdade" e, tras reiterar as súas reclamacións, defenderon que "en ningún momento traballadores, pacientes e familiares tiveron ningún problema" para traballar, ser atendidos e recibir visitas". Ademais, comentou que a protesta, "para maior tranquilidade", foi trasladada ao exterior.
Varios profesionais manteñen un peche simbolico no Meixoiro desde o pasado mércores para pedir que a sanidade de Vigo "teña futuro", que este centro "xogue un papel importante" e que se "reverta" o Hospital Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.