Deputación e Concello garanten unha praia en Lugo

Critican as mensaxes contraditorias do Ministerio de Medio Ambiente que desestima crear pantaláns pero non unha zona de baño en zonas da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 10/06/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Deputación e Concello de Lugo queren abrir unha zona de baño pública na capital luguesa. Así o quixeron deixar claro este xoves o presidente, Darío Campos Conde, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que adiantaron que están a estudar outras localizacións tras desestimar o Ministerio de Medio Ambiente a zona prevista ao atentar á conservación da Reserva da Biosfera de Terras do Miño. 

Lara Méndez e Darío Campos nunha xuntanza institucional
Lara Méndez e Darío Campos nunha xuntanza institucional | Fonte: xornaldelugo.com

“É evidente que hai pouca comunicación no Ministerio de Medio Ambiente, pois o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil demostrou que non se entera de nada”, dixo Campos. O titular provincial explicou que a Deputación de Lugo, como xestora da Reserva da Biosfera de Terras do Miño, recibiu un informe do departamento oficial do Ministerio de Medio Ambiente responsable do control das Reservas da Biosfera de todo o país (que é o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, no que se inclúe o Comité Científico Mab que elaborou o informe), no que se advirte que, en ningún caso, se pode construír pantaláns no entorno fluvial previsto inicialmente porque atenta á zona núcleo (que é a de maior importancia medioambiental) da Reserva da Biosfera de Terras do Miño. 

“Resulta incrible que o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, non coñeza o informe que parte, directamente, do seu mesmo departamento, e ata nos anime, coas advertencias que recibimos do Ministerio, a pedir o permiso para facer este proxecto no mesmo lugar. Tampouco se pode entender que primeiro ordene a demolición da Rotonda de Paradai, cun escrito oficial  e asinado que chegou ao Concello de Lugo, e agora, nesta continúa peregrinación de representantes do PP a Lugo, diga o contrario”, suliñou

A Alcaldesa instou ao Presidente da Confederación a que “se aclare, e que deixe de confundir e de tutelar ao Concello de Lugo, que é maior de idade e ten autonomía e capacidade suficientes como para xestionar os seus proxectos e actuacións”. Lara Méndez avanzou que a entidade local e a provincial mantiveron xa varios encontros sobre a área pública de baño e se abordaron “posibles lugares” para acondicionala; “hai que ver cal é o que se adapta mellor, o máis accesible, cómodo e seguro para o cidadán, e respectuoso co medio ambiente”, indicou.

Con respecto á actuación da CHMS, a rexedora lucense subliñou que “non é lóxico que veña onte a Lugo, nesa peregrinaxe electoral, pois cada vez son máis os peregrinos da Xunta que nos veñen a visitar, para dicir que como se nos ocorre que se vai tirar a rotonda de Paradai, cando hai un escrito firmado da súa institución que di que procedamos á súa demolición, un escrito que vamos a recorrer porque, con total seguridade, a rotonda non se vai a demoler”. O presidente da Confederación “veu a dicirnos todo o contrario do informe que nos emiten, que se aclare”, recalcou a Alcaldesa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta