Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2016 | Actualizada ás 11:00
Preto de 3.000 volumes de diversos eixes temáticos e "excepcional interese" serán convenientemente catalogados e incorporaranse aos fondos da Biblioteca de Galicia de la Cidade da Cultura. Forman parte do tramo final da biblioteca particular de Basilio Losada, que decidiu cedela á Biblioteca de Galicia.
Entre estes libros atopa unha "rica" colección de poesía e de literatura e de crítica literaria portuguesa, multitude de obras sobre as cidades do mundo que o propio Basilio Losada visitou ao longo da súa vida, edicións "singulares" dos clásicos occidentais, así como un fondo de novidades en lingua galega dende 2001 ata a actualidade. Segundo precisou a Xunta nun comunicado, entre as pezas destacadas inclúese unha réplica en tamaño real da Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou xunto con Basilio Losada; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a directora xerente da Cidade da Cultura no acto onde se oficializou a cesión da última parte da biblioteca de Basilio Losada ao Goberno galego.
Román Rodríguez destacou no acto a traxectoria do profesor emérito da Universitat de Barcelona: "Un dos estudosos máis destacados do mundo académico galego-portugués e un dos grandes difusores da nosa cultura no exterior". Tamén resaltou a súa "xenerosidade" con Galicia que, asegurou o conselleiro, devolveranlle "coidando do mellor modo posible os seus libros".
En 2001, a Biblioteca de Galicia xa adquiriu parte dos fondos bibliográficos de Basilio Losada, que conforman unha destacada colección na que están títulos fundamentais da literatura galego, especialmente do século XX, así como as diferentes edicións destes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.