Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/06/2016 | Actualizada ás 09:30
O 27 de abril de 1916, en plena Guerra Mundial, Valle-Inclán viaxou a Francia, onde permaneceu dous meses durante os cales realizou varias visitas á fronte de guerra. Desa intensa experiencia deixou constancia escrita nun pequeno caderno de notas de carácter estritamente privado que dá conta das observacións e impresións do escritor sobre os efectos da guerra na vangarda e a retagarda francesas que coñeceu.
Ese caderno, un manuscrito rigorosamente inédito, publícao agora a Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán da USC en Con el alba. El Cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón del Valle-Inclán, facsímile, estudo e edición a cargo da profesora Margarita Santos Zas, directora da colección.
O volume preséntase este martes 21 ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome nun acto que preside o reitor Juan Viaño e no que ademais da profesora Santos intervirán o director do
Os editores defíneno coma "un excepcional testemuño que recolle as impresións do escritor da guerra nas trincheiras aliadas, correspondentes ao mes de maio do citado ano". Este diario constitúe o punto de partida do que máis tarde sería. La media noche. Visión estelar de un momento de guerra (1917). O estudo preliminar vai acompañado dunha transcrición do texto orixinal anotada e do facsímil do manuscrito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.