Por GC Tendencias | Lugo | 27/06/2016 | Actualizada ás 16:00
Os obradoiros levaranse a cabo na sede da entidade en Lugo (praza Maior, 16). As inscricións poden realizarse a través de www.ataquilla.com
«Xeados e bebidas de verán» e «Imos de picnic!», ambos impartidos por Vanessa Sende, pretenden achegar os participantes ao mundo da cociña, dun modo didáctico e divertido. Así, ademais de prepararen os distintos pratos, os nenos e nenas aprenderán as normas de seguridade na cociña, como manexar os alimentos e utensilios, os hábitos recomendados de hixiene e limpeza, a importancia de consumir alimentos sans e nutritivos ou a importancia de reciclar.
Durante os obradoiros, os participantes darán renda solta á súa imaxinación e cociñarán, entre outros, refresco con gas caseiro, smoothie verde, polos flash de froitas ou as variedades de sándwichs de verán. Nas actividades mostraranse tamén novas formas de presentar os pratos e, ao remataren as sesións, os nenos e nenas levarán o que cociñaron, xunto ás distintas receitas para que as poidan poñer en práctica na casa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.