David Rodríguez: “É importante que a xente que está ou estivo no BNG participe de En Marea”

O alcalde de Manzaneda, e unha das figuras importantes de Anova, ten moi clara a folla de ruta de En Marea para as autonómicas: deixar claro o programa político e elixir o candidat@ co aval das bases. “Non pode ser que estes procesos veñan xa dados polos aparatos”, indica nesta entrevista no GC. Tamén é rotundo sobre o cabeza de lista: “Ten que ser Xosé Manuel Beiras,pola entrega que ten feito ao pobo galego durante tantos anos”.

Por Xurxo Salgado | Manzaneda | 06/07/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Como ves a situación de En Marea?
A ver, tendo en conta que os procesos de confluencia son os válidos para derrocar ao goberno do PP e, sobre todo, o de Feijóo, é certo que houbo eivas, como o do grupo parlamentar, que non funcionou, e como En Marea mudou de posición en catro meses sobre esta cuestión. Tamén non abrir En Marea á cidadanía, que tanto se nos encheu a boca, e iso non existe. O veto á figura de Beiras tamén influíu... Pero, aínda así sigo opinando que a confluencia das forzas de esquerda sempre é boa, sempre que acepten a autodeterminación e a emancipación dos pobos. Iso é innegociable e, polo resto, hai que seguir pelexando.

O alcalde de Manzaneda e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova
O alcalde de Manzaneda e Beiras tras a reunión da coordinadora de Anova

Pero existe división con todos estes problemas, semella...
Si, porque se ven distintas formas de actuar. Houbo tiranteces. Por iso, hai que seguir pelexando para corrixir estes erros e para mudar o proceso. Pero, sempre con forzas de esquerda que recoñezan uns mínimos, como o da autodeterminación.

E onde está o problema, logo?
Pois en non abrir os procesos as comarcas e que a xente do común non poida opinar sobre estes procesos que veñen xa dados dos aparatos. E iso hai que corrixilo xa. En En Marea non sobra ninguén, senón que faltan máis compañeiros, o propio BNG, e xente que estivo no BNG e é importante estar todos xuntos para ter ese suxeito político que decida por nós mesmos.

Precisamente iso é o que pide o Foro Galego. Non cres que podía ser un suxeito político nestes comicios?
Eu participei na primeira xuntanza e paréceme unha ferramenta útil. Pero estamos a unha semana de que se convoquen eleccións e aglutinar só o nacionalismo nese foro é complicado. Pero é unha ferramenta útil na que debemos estar e participar. Eu estiven na primeira xuntanza e foi moi interesante; falouse do país e de propostas concretas. Pero coa premura que hai non sei se daremos aglutinado a todo o nacionalismo para o proceso.

Lidia Senra criticaba que non se falara practicamente nada de Galicia na campaña. Que opinas?
Eu comparto 100% as declaracións que fixo Lidia Senra. O que son as propostas de país non podemos cometer os mesmos erros que o 26X e esas propostas teñen que estar claras.  Facer un diagnóstico de país e que se dean resolucións aos problemas que temos en Galicia. E aí hai moitos puntos a tratar; desemprego, cultura, identidade, sanidade, educación, despoboamento ou falta de apoio aos sectores primarios, entre outros moitos.

David Rodríguez, alcalde de Manzaneda
David Rodríguez, alcalde de Manzaneda | Fonte: sonradiofusion

Pensas que este proceso pode afectar internamente a Anova?
Internamente non podo participar en todas as asembleas polo punto xeográfico onde me atopo. Pero penso que teremos que ter unha conferencia antes das eleccións de outubro e deixar clara a nosa posición para non repetir erros pero non existe división interna.

Ti tamén es partidario dun candidato avalado polas bases?
Eu penso que todo aquel que se candidate ten que ir a unhas primarias. Senón, non ten sentido poñer un candidato.

E cres que ese candidato pode ser Beiras, que está moi discutido ultimamente?
Eu, pola miña parte, asi o desexaría. Que fora Xosé Manuel Beiras pola entrega que ten feito ao pobo galego durante tantos anos. Eu estaría encantado de estar ao seu carón se é candidato. Penso que é unha persoa que hai que preguntarlle a el pero é o candidato ideal. E despois que sexa un proceso de primarias que o acepte porque non hai que impoñer.

E o tema da idade e da saúde, non cres que inflúe?
É dos máis lúcido que vin na miña vida e se el ten forzas para seguir eu non vexo ningún problema para que así sexa.

Por que hai quen quere xa descartar a Xosé Manuel?
Terás que preguntarlle a quen o quere descartar. Eu non entendo esa postura moi ben.

Pero, con todo, o tema dos candidatos está xerando novos problemas...
Espero que non e se se fai en primarias pois non ten porque haber problemas.

E sobre iso non hai acordo?
Non estou en ningunha coordinadora e permanente, pero é o que eu penso.

Como ves as autonómicas?
Está claro que o PP nos últimos anos destruíu emprego, servizos sociais, postos de traballo e foi un ataque directo aos dereitos da sociedade galega e a xente tense que dar de conta disto. Tamén nós temos a responsabilidade de facer unha alternativa real e crible para traballar a prol do pobo galego para manter os servizos sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

15 leriante

Super interesante seguir a escoitar nos foros a leria de sempre....que en vez de estabelecer estratexias cun minimo de éxito para poder construír unha Galiza mellor, conténtanse con tirar pedras aos ex...a ver se lle inchan un ollo e lles vai todo o mal que merecen.....Mareas vsus BNg e un debate que non serve ao ben de Galiza...pero semella que é mais doado loitar por conservar os sillons quentiños no parlamento que estabelecer liñas de actuación nas que Galiza saia beneficiada...espero que cando o BNG consiga ver reducida á nada ás mareas (aínda que seña só no terreo onírico dalgúns), esperte do seu soño....e vexa que valen máis 10diputados repartidos cos das mareas, que 6 seus cos de sempre no sillón...vale máis para Galiza claro, para o ego e o bolsillo dalgúns non.

14 Fuilco

Este home, non se asea nunca? Acórdome dunha canción que dicía: hai unha cousa que se chama xabón, mata os piollos e quita o cheiro

13 inocente pombiño branco

queren clavar o vello -vieira, sin primarias... sin nada por collons... mafiosos, sinvergonzas toda esta tropa non sabe nin o que é o honor! - https://www.youtube.com/watch?v=l77...

1 Comprensión lectora

A ver oh: "Ti tamén es partidario dun candidato avalado polas bases? Eu penso que todo aquel que se candidate ten que ir a unhas primarias. Senón, non ten sentido poñer un candidato."

12 Fillos do CNI

É imposible explicarlle o que é a dignidade ao que nunca a coñeceu. Potemos é "disidencia" prefabricada polo sistema, para sacar as protestas das ruas e centros de traballo e levalas aos platos da tv. dos banqueiros. Evitar que o descontento se radicalice e levalo a lindes aceptables para o propio sistema. Salvar o desprestixiado bipartidismo neo franquista e a "sacrosanta" unidade de Expanha.

11 PedroC

Un suposto membro do nacionalismo galego pedindo o voto para o Colaboracionismo¡¡¡ Para mexar e non botar pinga

1 Botar a Feijoo

Algúns non vos fartades de botar consignas?