Unha web chama a unidade dentro do BNG

"Reflexións dun militante de base do BNG" é un blog xurdido tras o "Chamamento de Vidán" que insiste na validez do proxecto nacionalista e apunta que o BNG "non está esgotado" e é unha formación na que "collen todos".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Son un militante do BNG desde hai bastantes anos. Son unha persoa militante de base; nada máis; nada menos. O meu traballo de base desenvólvoo na miña localidade, ao carón da xente e dos seus problemas, que non son poucos, especialmente motivados pola obrigada dependencia do pobo galego a respecto de España e das decisións políticas que se toman en Madrid, mais tamén na Unión Europea. Decisións que transformaron, para mal, o país no que eu vivo e traballo, e que empuxan a non poucas mozas e mozos á emigración, como ocorría hai 200 anos". Así comezan as "reflexións dun militante de base do BNG".

Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014
Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014

Este é o título dun blog que xurdiu esta fin de semana, curiosamente, logo de facerse público o xa coñecido como 'Chamamento de Vidán', no que case un cento de persoas, a maior parte delas militantes nacionalistas, apostan por crear as bases dunha "organización nacionalista de nova planta". Entre os asinantes deste manifesto están Carme Adán, Xavier Vence, Tereixa Paz, Ana Miranda ou Alba Nogueira, que reclaman un xiro na estratexia do BNG e das mareas. Como primeiro paso propoñen unha manifestación o 25 de Xullo común con "todos os galegos, galeguistas e nacionalistas".

O blog "Reflexións dun militante de base do BNG" foi xa compartido case un milleiro de veces nos poucos días que está activo. E, aínda que non está asinado por ningún militante concreto do BNG, as o manifestacións que fai están na liña das opinións oficias da Executiva nacionalista.

A "voz" dos galegos

Así, e tras destacar o papel do BNG ao longo dos últimos anos, critica que haxa intereses por que desapareza a voz dos galegos. E, neste sentido, coincidindo precisamente co "Manifesto de Vidán", critica os numerosos manifestos publicados desde o entorno nacionalista.

"Ao longo de todos estes anos tamén lin centos de manifestos críticos coa organización na que milito que prometían pouco menos que un paraíso terreal para a nosa organización. Vin cargos orgánicos que cuestionaron publicamente as decisións democráticas que aproba a militancia para ao final rematar de cabeza de lista do PSOE para as vindeiras eleccións Galegas. Vin militantes históricos que dicían que un día que eran do BNG até as cachas para ao día seguinte acabar indo da man dun partido español, que cun dobre discurso na periferia e no centro conseguiu engaiolar a non pouc@s incaut@s. Alá eles!", indica.

De feito, compara ao BNG cunha muller maltratada. "O BNG é esa muller que xa non atura máis malleiras. Estamos nun momento crítico, claro que si, pero a solución aos nosos problemas non pasan por escribir o enésimo manifesto para poñer unha vez máis a organización en carne viva, acaparando titulares que se lle furtan á intensa actividade institucional da organización na que milito", engade.

No BNG "collen todos"

Por iso, e tal e como ten suliñado a Executiva do BNG, insiste en que no BNG "collen todos", sen necesidade de fundar novas forzas nacionalistas. "Para min segue a ser a casa común do nacionalismo. Traballemos para mellorala aproveitando o Proceso Adiante que se puxo en marcha hai uns meses, tendo o consenso como horizonte, pero respectando as decisións democráticas que aprobamos entre todas e todos, só así avanzaremos e melloraremos, o resto son paus nas rodas", recolle.

E, a pesar dos problemas, esta reflexión iniste en que "o BNG non está esgotado". "Que ninguén confunda o seu esgotamento ideolóxico persoal coa da organización na que milita ou simpatiza. Como dixen, non é doado ser nacionalista nun país como o noso que nas pasadas eleccións xerais o 94,55% do electorado votou a forzas políticas de ámbito estatal. Con estes datos tan demoledores o doado é entregarse, no canto de seguir pelexando por unha Galiza mellor e con futuro, que o ten, logo de que o BNG se levante da última malleira recibida, que agardemos sexa a derradeira".

O autor do blog aclara que o seu non é "un manifesto", senón unha "reflexión dun militante de base". "Ao mellor non compartes ao 100% todo o que aquí dixen, pero seguramente coma min queres o mellor para o BNG e para Galiza e xa non aturas máis paus nas rodas que nos impiden avanzar. Se es das galegas e galegos que non te resignas, que queres avanzar, podes compartir esta reflexión con quen ti estimes oportuno", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

4 En Fene desgoberna o BNG

Poida que caiban todos,pero o problemas é que a sociedade quedouse fóra e esa desafección xorde cando os dirixentes viven nunha realidade distinta á da cidadanía. Sendo absurdo por tanto agardar no andén político por un tren que xa pasou

1 caminhodeferro

Claro, claro. Melhor é colher o talgo á capital da Metrópole e solicitar licença para axir na colónia. A culpa de quem é??: da upegé. Pobre Galiza, chámándo-se sempre espanhola!

3 Héitor_

Se non pon o seu nome e apelidos é unha web de propaganda da UPG.

1 Ajax

Efectivamente, meu querido Watson. Hai que investigá-lo bem e acabar com esas ratas indígenas noxentas que impidem a unidade popular espanhola. Viva o gurú complutense e as marés desnortadas!

2 Ted Flanders

sí, sí....o doctor maligno e lex luttor xunto con secretario xeral da upg nun contubernio puro tentan rematar ca propia natureza impedindo cas mareas suban e baixen... Veña ome! xa vale de mariconadas, se o galego é torpe por natureza, recoñocedeo! só sodes grandes sendos servos e chachas, mariñeiriños, choferes, funcionarios de a pé....incluso en Madrí sempre os lembran como serenos!!!! Pois xa está, éste é o voso papel no mundo, adiante pois....sede a millor chacha de Pablo iglesias...xa vos deixará un domingo ao mes ceibo!...Anda qué.....a estas alturas con paturradas...

3 A ted flanders

Mariconadas? Que teñen de malo? Ben se ve de que partido homófobo e patriarcal -e armarizado- saiches.

2 Ana

Non entendo pq non existe xa unha confluencia de todo o nacionalismo galego para as proximas eleccions autonomicas. ¿Que fai Anova da man dun partido españolista que agora vai de socialdemocrata como é Podemos e donde pintan ben pouco os intereses galegos (a diferenza dos catalans)?. O unico que estan a facer da man de Podemos e regalarlles o voto nacionalista que vai a ese partido como "voto util" pq creen que o BNG non ten opcions de conseguir escano. Anova ainda esta a tempo de rectificar e apostar por unha confluencia de todo o nacionalismo con un proxecto de pais que aspire a un estado galego dentro dunha Confederacion Iberica.

1 Ana

Ademais, o proxecto de Podemos cada dia perde mais apoios nas urnas. Xa sea polos lideres ou pq cada vez moderan mais o discurso e o programa (¿donde quedou a renda basica, as nacionalizacions, a posicion sobre a debeda publica ou a OTAN, a republica, etc?. E de sair do euro xa nin falar). Anova ten que ver esto e rachar con Podemos e IU buscando a confluencia do nacionalismo galego en beneficio do pais.

1 uuwy

Cheira a upeguina

1 Bipartito

Da man dun partido españolista fan o mesmo que compartindo bipartito co PSOE.Miúda palla mental tedes na testa

2 A culpa é do BNG

Bipar, seica a marea vai conseguir maioria absuluta e non vai ter que pactar co Psoe?? ( sempre e cando, e como seguramente vai pasar, o "Freixoles" no acade esa maioría absoluta) Seica en Ferrol gobernan con maioría absoluta??, seica na Coruña e Compostela non precisan dos apoios do Sociatas??, Seica no estado non está tolos por pactar cos sociatas?? UN POUQUIÑO DE SERIEDADE CANDO SE EXPÓN ALGO, e a ver si non obviamos a DATOS OBXETIVOS!!!