Todos os deputados do PSdeG votan a Modesto Pose como senador autonómico

Finalmente, o PSdeG apartou as diferencias internas para votar unánimemente a Modesto Pose como senador autonómico, a pesar das divisións existentes nos últimos días. Os candidatos do PP recibiron dous votos da oposición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2016 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O socialista Modesto Pose foi finalmente elixido senador por designación da Cámara autonómica con 18 votos a favor, tantos como deputados ten o PSdeG no Pazo do Hórreo.

O dirixente socialista Modesto Pose
O dirixente socialista Modesto Pose | Fonte: psdeg-psoe.com

A elección de Pose prodúcese en medio dun forte enfrontamento interno no PSdeG focalizado na confección das listas para as eleccións de outono, pero que se empezou a visualizar con motivo desta acta de senador en días previos da pasada semana.

E é que, fronte á proposta de Pose da dirección do Grupo, avalada pola xestora que dirixe Pilar Cancela, a maior parte dos deputados socialistas preferían que o cargo fora para o parlamentario José Luis Méndez Romeu, ao que apoiaran nas primarias que perdeu (aínda que co 45 por cento dos votos) contra Xoaquín Fernández Leiceaga.

En canto ás outras dúas prazas, que corresponden ao PP, o exalcalde de Verín José Luis Jiménez Morán e o lucense Fernando Carlos Rodríguez saíron ambos os dous nomeados cun total de 40 votos a favor.

No hemiciclo había 38 populares (ausentáronse a deputada Elena González Sánchez, así como o vicepresidente e tamén parlamentario, Alfonso Rueda, e o presidente, Alberto Núñez Feijóo), co que os seus senadores recibiron dous apoios máis doutros grupos parlamentarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mar da Coruña

Foi a cambio de que Mucha e algún máis sigan a chuchar do teto nas autonómicas