Temas: CGAI FEIJóO

O presidente galego di que por dúas prazas non se vai desmantelar o CGAI

Os sindicatos insisten na supresión de tres das dez prazas desta institución e a Xunta suliña que non hai modificacións no cadro de persoal porque son prazas non ocupadas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2016 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Estamos falando de dúas prazas de dez. Non creo que por dúas prazas se vaia a desmantelar o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI)”. Esta foi a resposta do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado por GC sobre a intención da Xunta de suprimir postos de traballo nesta institución cultural e que motivou xa varias protestas en Santiago e A Coruña.

Interior do arquivo do CGAI
Interior do arquivo do CGAI | Fonte: CIG

Con todo, e segundo a proposta de RPT (Relación de Postos de Traballo) que lle entregou o Goberno galego á Comisión de Persoal da Xunta, Cultura propón a supresión dun dos dous postos de proxeccionista do CGAI, ademais da eliminación doutras dúas prazas de experto/a en audiovisuais, na actualidade non ocupadas. Estas tres amortizacións de prazas inclúen o despedimento efectivo dun traballador con contrato indefinido. Os sindicatos alertan da perda dun 40% dos postos de traballo no centro.

Con todo, fontes oficias da Xunta precisaron a GC que non vai a haber modificacións substanciais do cadro de persoal desta institución, porque un dos postos de proxeccionista nunca se chegara a cubrir. Ademais, apuntan que se contratará un traballador ou traballadora cunha xornada de 16 horas semanais que, de forma temporal, realizará funcións de programación, ocupando o posto dun empregado en excedencia desde hai un ano e que até agora non fora cuberto.

“Desde logo, dúas prazas non representa a metade dos traballadores como din o sindicatos”, indicou Feijóo que quixo deixar claro que non se producirá ningún desmantelamento do CGAI.

Temas: CGAI FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta