O turismo rural galego aproba con nota

Galicia supera a media estatal e consegue un 36,95%, tan só superada por Navarra e Aragón.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/07/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Galicia é unha das autonomías con maior índice de valoración do seu turismo rural, tan só superada por Navarra e Aragón.. Así o recolle Escapadarural.com, a través da súa iniciativa de investigación conxunta con CETT e Netquest, o Observatorio do Turismo Rural.

Casa da Pedra, unha casa de turismo rural en Tomiño
Casa da Pedra, unha casa de turismo rural en Tomiño | Fonte: toprural.com

No seu último informe relativo á Net Promoter Score (NPS) ou índice de recomendación --unha métrica amplamente aceptada utilizada para medir o nivel de recomendación do usuario e que só contempla as puntaciones máximas (9 e 10)--, sinala que Galicia é a terceira autonomía co índice NPS máis alto, cun 36,95%. 

Unha porcentaxe que está por riba da media. E e que tras analizar as valoracións de máis de 15.000 usuarios, o turismo rural español obtén un nivel de recomendación do 33,10%. Para chegar a este índice, preséntaselle ao viaxeiro unha escala, coa que ten que valorar a súa última estancia nun aloxamento rural á hora de recomendarlla a un familiar ou amigo. Con estes datos xérase un resultado que, a maior valor porcentual obtido, asóciase unha maior probabilidade de recomendación.

Resultados

Ao analizar estes datos por autonomías, nove delas superan a nota estatal do 33,10%. Navarra, cun 40,34%, sitúase como a comunidade con maior número de clientes promotores, mentres que Aragón (37,48%) e Galicia (36,95%) ocupan o segundo e terceiro posto, respectivamente. Séguenlles Asturias (36,06%), Castela-A Mancha (35,86%), e completan este balance por encima do media País Vasco (35,64%), Estremadura (35,54%), Comunidade Valenciana (34,29%) e Cataluña (33,87%).

Doutra banda, aínda obtendo valores moi positivos, non superaron a media Castela e León (29,6%), A Rioxa (29,55%), Andalucía (29,41%), Cantabria (29,08%), Illas Canarias (28,43%), Rexión de Murcia (25,19%), Comunidade de Madrid (25,09%) e Illas Baleares (13,04%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta