Por Galicia Confidencial | Nigrán | 02/08/2016 | Actualizada ás 16:27
A tartaruga 'Ladeira' é liberada este mércores, tras catro meses de recuperación en Galicia. A tartaruga foi recollida na praia de Ladeira, Corrubedo (Ribeira), o 31 de marzo pasado, por membros de Protección Civil de Ribeira, que entregaron o exemplar á Unidade Móbil da Rede de Varamentos de Galicia. Seguidamente foi trasadada á UCI que ten a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) en Nigrán, onde se puxeron en marcha as condicións ambientais para a súa rehabilitación.
Coas condicións e tratamentos axeitados aplicados polo equipo veterinario da Cemma, a tartaruga recuperou folgos rapidamente. Con 21 centímetros de lonxitude e 499 gramos de peso, no momento de ingresar, é a segunda tarta
Nestes catro meses de recuperación, a tartaruga mellorou no seu aspecto e condición de saúde, recuperando máis de 300 gramos de peso, mobilidade e capacidade de mergullo. A primeira fase levouse a cabo nas instalacións da Unidade de Coidados Intensivos que a Cemma ten instalada no local de coordinación da Rede de Varamentos en Nigrán. Alí ocupou dende o primeiro acuario, de 80 litros, a outros de maior volume, rematando no acuario de transición de 1.500 litros.
ACUARIO DO GROVE
A segunda fase da recuperación transcurriu no Acuario do Grove, que dende hai anos colabora coa Rede de Varamentos de Galicia na última fase de recuperación das tartarugas mariñas. Alí, 'Ladeira' compartiu espazo con outras especies mariñas, adaptándose ás condicións do medio natural.
O oco que deixará 'Ladeira' no acuario será cuberto pola tartaruga 'Beo', que afrontará nas seguintes semanas a última fase da recuperación
DESPEDIDA
Ladeira será embarcada na mañá deste mércores, 3 de agosto, no porto do Grove, nun barco de Gardacostas de Galicia para ser liberada fóra da ría de Arousa, para que poida continuar con seu camiño cara ás augas do Caribe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.