Luís Villares gaña apoios para liderar a marea nas eleccións galegas

O voceiro de Jueces para la Democracia recibe o respaldo explícito de Esquerda Unida e gabanzas dende ANOVA e os municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/08/2016 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Por exemplo, hoxe Esquerda Unida deulle un apoio inequívoco. A líder Yolanda Díaz declarou que o voceiro de Jueces para la Democracia en Galicia “vai ser o capitan dun barco no que esperamos que a singradura sexa positiva”.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Red Arnela

A deputada argumenta que Villares “representa ao cambio”, ten un perfil “profesional” e unha traxectoria que esixe darlle as “grazas” se acepta finalmente concurrir ás primarias.

As palabras de apoio de Díaz son as máis nidias, pero ningún dos axentes que colaboran na confluencia cuestionou publicamente este nome, e leva meses sonando nos ruxe-ruxes sobre o cabeza de cartel.

Onte mesmo, Antón Sánchez, un dos voceiros de ANOVA, gababa o seu perfil. Iso si, o deputado sinalou que “está por ver” como se concretan as primarias. Nun sentido similar pronunciouse o alcalde de Santiago, tamén militante de ANOVA. Martiño Noriega destacou que o xuíz ten “moito prestixio” pero de seguido indicou que hai outras persoas que tamén o teñen. Dende as mareas locais, Xulio Ferreiro dixo que lle parecería “estupendo” que se presentase ás primarias, posibilidade que se mantivo no aire até hoxe, cando Podemos votou sumarse á confluencia. Segundo varios medios, Villares non se quería presentar se Podemos se presentaba só.

Agora está por ver se o nome de Villares suscita o apoio no partido morado. Os 6.000 sufraxios emitidos na votación podemita sobre a confluencia indican que o peso desta formación pode ser determinante nas primarias de En Marea. 

Biografía de Luís Villares

Villares é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e xuíz de carreira dende 2005. Chegou a maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional (2010-2011), titular no Tribunal Superior de xustiza do País Vasco (2011-2012), no Xulgado Contencioso administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da Asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

22 antonino

PP maioría PSOE mal resultado pero segunda forza política MAREA terceira perdendo moita forza PODEMOS/CIUDADANOS residuais UPG 1 ou 2 escanos como muito Este vai ser o resultado desastroso para Galiza, grazas o cainismo enfermizo, e a falta de xenerosidade do lixo comunista que ten infectado todas as forzas cun minimo de conciencia galega que poden ter representación nas eleccións. Obrigado Camaradas. O PP teno moi doado.

1 Gamela

Antonino se esta tropa segue por este camiño vas clavar os resultados do 25S ! A verdade é que se En Marea non comprende que os seus votos viñeron dunha maioría social que callou no 15M -logo de que o BNG fodese a explosión do Nunca Máis- se agora sacan da chistera a un xuíz que ninguén coñece e que vén poñendo condicións antes de ser elixido por ninguén... Se non son capaces de VER o que teñen diante dos ollos... Unha vez máis o PP terá o camiño aberto para seguir mangoneando Galicia !!!

21 ppaifoco

Eu vou votar por Manolo Cabezabolo...

20 Gamela

Reflexión: os resultados das primarias en Euskadi non ocultan a ninguén e ninguén entra por riba nin por baixo nas listas... https://podemos.info/primarias-eusk... Non sei se haberá moita xente cabreada pero así de pronto semella que os compañeiros vascos teñen interiorizado o que é un PRCESO DEMOCRÁTICO (en Galicia semella que "o proceso" ten sempre unha parte oculta baixo a Mesa Camilla) OGALLÁ NON !!!

19 Vieiras o gran perdedor

O VELLO -VIEIRAS, xa non e mais cun espantallo... incluso na dirección de podreiros, a que vale a de mandriles xa pasan del e unha figura totalmente amortizada e xa unha follarasca inutil, un peso morto... o do partido instrumental NON, enton xa non podra estar o tolomancio decidiran en mandriles para por a carouta, ferrolita procesions xa dixo que estaba ben o de podreiros... O -VIEIRAS BERRABA NA REBORAINAS... AUTENTICO LOBISOME VINTANGE!!!! os paisanos agachan a orella... e non salen das casas.... (-vieiras podreira a vida pode a cada quen no seu sitio e o seu e de ser o marxinal da historia galega, como pedro madruga e o vicente risco)...

18 Priscilianita

Sinto moita vergoña da meirande parte dos comentarios que estou a ler. E sinto a necesidade de manifestalo, para non facer uso da estratexia da "maioría silenciosa". Estase a falar de que unha persoa se presente a unhas primarias, e saltan pantasmas de vella política, ó tempo que se critica que non sexa alguén coñecido, e acusacións totalmente gratuítas sobre se o puxo aí alguén ou algún partido. Veña oh, un pequeno esforzo: un pouco de seitidiño, por favor. E informádevos, aínda que sexa só un pouquiño, antes de falar.

1 GPyy

Falar non ten cancelas, e a ignorancia é moi atrevida. Luís Villares é unha persoa. Obviamente sempre se pode criticar o seu labor, político, social ou profesional pero entrar en descualificacións persoais é chegar ao nivel dos que todos sabemos

2 Balbino Fernández

As primarias, apunta o herexe, cando os líderes dos partidos xa escolleron a dedo o candidato, non estarán falseadas? Non será como a Pontón no BNG, como candidata única escollida pola UPG, e os militantes a votar a favor ou a calar? Ou como no PP, que "votan" aplaudindo ao candidato único? Se nin o nomeou alguén ou algún partido, quen o propón, a divinidade? Se só saben del os seus mentores, a quen representa? Que fixo polos galegos fóra de contentar ao círculo de promotores?

3 Priscilianita

Que fixo este candidato polos galegos? Estamos a pouco de que chegue o momento no que el mesmo teña que expoñelo, e para iso non há precisar da miña axuda. Non poñamos o carro diante dos bois. Pero o que me parece máis significativo é esa teima en acusar sen consistencia. Xaora que haberá dinámicas detrás de cada candidatura, faltría máis; pero xuízos de intención gratuítos non axudan a esclarecelas. Por exemplo, se Balbino Fernández recoñece que non sabe a quen representa Luís Villares, daquela terá que informarse, e despois falar con datos. E todo isto será aplicábel a calquera outr@ candidat@ que se presente. Se hai algunha información consistente, agradecerase que sexa compartida. Pero expresar unhas dúbidas totalmente inconsistentes sobre a inconveniencia, descoñecemento, posíbel adscrición previa, vida persoal... insisto, e sinto ter que dicilo, pero a min dame moita vergoña allea.

4 Balbino Fernández

Se cadra sei pouco. E se cadra o que sei non me convence: que sexa colega de Ferreiro para min non é un mérito. Esperamos que presente outros maiores. Que o método de escolla ou de colocar candidatos sexa o dedo, cando levamos meses anunciando a súa candidatura, tampouco me agrada. O método, o "proceso", o dedo das primarias, iso é o que devería facer pensar... e se cadra sentir vergoña propia!