Os novos galegofalantes reivindican a lexitimidade do castrapo

Estudantes de 4º da ESO demostran o "elevado poder simbólico e emocional" que ten para eles o uso desta variedade do galego, nun estudo de Ana Iglesias Álvarez, profesora da Universidade de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/09/2016 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O contacto entre o galego e o castelán deu lugar ó uso de moitos castelanismos na fala galega e de galeguismos no español que se fala en Galicia; variantes que foron tradicionalmente menosprezadas polos puristas. Porén, a profesora Ana Iglesias Álvarez, do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, reivindica a lexitimidade destas variantes nun estudo no que analiza as ideoloxías dos falantes sobre as linguas e no que comprobou que as novas xeracions de galegofalantes asumen con absoluta normalidade a existencia e o uso do castrapo, ao que outorgan a mesma lexitimidade que ao galego estándar.

Aviso en castrapo
Aviso en castrapo | Fonte: samegram.com.

No seu estudo 'Castelanismos e galeguismos. A súa relación co estándar', publicado na revista Estudos de Lingüística Galega, da Universidade de Santiago, a profesora Iglesias Álvarez conclúe: "A maior parte dos planificadores do proceso de estandarización do galego, ao defenderen unha ideoloxía purista, sitúanse na cultura da monoglosia ou ideoloxía da estandarización, que conduce a solicitar a converxencia cara á variedade elevada á categoría de estándar, en detrimento das diferentes variedades dialectais, englobadas polos falantes baixo a etiqueta xenérica de castrapo. Así, a súa sobrevaloración dos castelanismos (léxicos) no galego tradicional (castrapo) provoca que se acentúen as diferenzas entre este e a variedade estándar, mentres que no caso do castelán, ademais, acontece á inversa: tende a minimizarse a distancia existente entre o castelán de Galicia —con todos os seus galeguismos— e o castelán estándar (peninsular)".

E se ben os galegofalantes obxecto da súa investigación (alumnado de 4º da ESO) "reproducen en parte esta ideoloxía purista, sobre todo no que respecta á importancia outorgada aos castelanismos léxicos no seu galego (castrapo)", comprobou que "desde unha perspectiva heteroglósica defenden o mantemento dun repertorio plurilingüístico e pluridialectal, o que lles permite presentar a súa variedade tradicional como «lexítima» para os usos familiares e coloquiais".

Para estas novas xeracións de galegofalantes, o castrapo  —que definen na súa maioría como o "galego con influencias do castelán no léxico"— "é a variedade «auténtica»", a que "contén valor simbólico, fronte ao estándar, ao que asignan un valor puramente instrumental (variedade para ser usada nos contextos máis formais e públicos)", argúe a investigadora da Universidade de Vigo.

Para a súa análise, Iglesias traballou con alumnos de 4º da ESO de entre 15 e 17 anos, escolarizados na última fase, ata o seu momento, do proceso de estandarización da lingua galega, "a que comeza coa aprobación en 2003 da coñecida como «normativa de concordia», que consensúa as opcións ata daquela en pugna (mínimos e oficial) e continúa vixente na actualidade, tamén chamada «normativa de consenso»", explica a autora. Trátase, polo tanto, de "individuos que xa non viviron en primeira persoa o debate normativo e dos que en consecuencia podemos esperar unha visión do estándar galego como variedade máis consolidada que en xeracións anteriores". 

No estudo traballouse con dous grupos nun hábitat urbano (a cidade de Pontevedra), tres en vilas (un en Vilalba e dous en Caldas de Reis) e dous no hábitat rural (Guitiriz e contorna, por unha parte, e zona de Cuntis, Portas e Moraña, pola outra). "Isto permitiunos acceder a representantes dunha ampla variedade de perfís sociolingüísticos: desde monolingües en castelán ata monolingües en galego, pasando por diferentes tipos de combinación de ambas as linguas", indica a investigadora.

"O castrapo é a variedade lingüística que se transmite na familia e constitúe a lingua materna ou inicial destes falantes".

PODER SIMBÓLICO E EMOCIONAL

Entre o alumnado galegofalante que participou na investigación atopuse "unanimidade á hora de caracterizar a súa forma de falar pola presenza de castelanismos léxicos", como revela a seguinte selección de extractos das conversas recollidas pola investigadora: 1) “Eu por ejemplo nunha frase podo dicir tres palabras en castelán e tres en galego aínda que sea galegofalante”; 2) “Aquí en galego por cada tres palabras que soltamos dúas delas son castelanismos”.

En xeral, Iglesias atopou que "o castrapo é a variedade lingüística que se transmite na familia e constitúe polo tanto a lingua materna ou inicial destes falantes, con todas as implicacións identitarias e afectivas que isto supón". Así, a profesora encontrou que os estudantes se refiren a esta variante como “galego da familia, galego dos meus pais, galego de toda a vida”. Polo tanto, Iglesias conclúe que se trata dunha "variedade dentro do galego", pero non unha variedade máis, senón unha variedade cun "elevado poder simbólico e emocional".

Pero no mantemento do castrapo tamén pesan moito outros factores, "a comodidade e o hábito e incluso ás veces o descoñecemento, aínda que en xeral o alumnado participante recoñece que o uso dos castelanismos se debe máis a unha falta de interiorización que á ignorancia", describe a autora do estudo. Proba disto é que os alumos "son quen de poñer numerosos exemplos nos que exemplifican como na súa fala cotiá espontánea «escollen» os termos non estándar, mais saben indicar cales son os termos normativos correspondentes. Esta falta de interiorización da variedade normativa acentúase debido ao seu escaso contacto con ela", continúa a investigadora, quen engade: "De aí que por unha parte cualifiquen o castrapo e, polo tanto, o que eles falan, como incorrecto, «que non está ben dito», e por outra, en cambio, intenten reivindicalo e rexeiten a súa cualificación de incorrecto, por exemplo por parte do profesorado".

Así, os novos galegofalantes "néganse a aplicarlle ao castrapo adxectivos pexorativos como «vulgar»", impostos dende os posicionamentos máis ortodoxos e puristas. Contra esa imposición ideolóxica, e "co fin de desfacer a contradición na que eles mesmos incorren con respecto á corrección ou non do castrapo, introducen a diferenza entre as variedades en función do grao de formalidade e o tipo de ámbito (público ou privado)", explica a profesora da Universidade de Vigo, que tamén atopou mozos que "amosan unha clara vontade correctora, no sentido de converxencia cara ao estándar na súa fala cotiá, aínda que son posturas minoritarias".

Polo tanto, os novos galegofalantes xustifican o castrapo como "unha variedade diafásica coloquial e, en consecuencia, totalmente lexítima para ser empregada nos usos cotiáns espontáneos da lingua". 

Deste xeito, "mentres o galego estándar é unha variedade homoxénea (común e supradialectal), o castrapo inclúe as diferentes variedades dialectais máis os castelanismos léxicos, en diferentes graos", esclarece Iglesias. 

A profesora detalla que o castrapo que usan os novos galegofalantes caracterízase principalmente pola "presenza de castelanismos léxicos", pero tamén "por trazos dialectais, sobre todo pola gheada", característica fónica moi criticada nos discursos públicos máis puristas, malia que "é cuestionable que teña a súa orixe na lingua dominante".

"A variedade que desempeña para eles a función simbólica é o castrapo, mentres que a variedade estándar cumpre só unha función instrumental".

Segundo Iglesias, "os galegofalantes demostran ter interiorizada a ideoloxía purista que os planificadores difundiron con respecto ao galego, de xeito que nos seus discursos metalingüísticos o tema dos castelanismos acada grande relevancia, nalgúns casos expresado de maneira moi semellante á dos discursos públicos [...], ata o punto de que necesitan recorrer a unha etiqueta diferente para identificar o seu galego oposto ao estándar".

Non obstante, a investigadora aclara que "isto non significa que os falantes asuman todas as implicacións que a ideoloxía purista e de calidade da lingua intenta impoñer, no sentido de abandonaren a súa variedade dialectal en función da variedade estándar", pois "a variedade que desempeña para eles a función simbólica é o castrapo, mentres que a variedade estándar cumpre só unha función instrumental, isto é, para ser usada nos contextos máis formais, que en realidade son moi escasos, polo menos na franxa etaria estudada", dilucida.

PURISMO VS VARIEDADE

Nunha comparación entre os enfoques sobre o uso de castelanismos no galego e de galeguismos no español que se fala en Galicia, Iglesias observa que existen criterios diferentes. Así, "cando se fala do castelán de Galicia, rexéitase aplicar o termo «interferencia» aos galeguismos que o definen", mentres que "cando se fala da calidade lingüística do galego, insístese reiteradamente na abundancia de castelanismos, denominados «interferencias», «deturpacións», «solucións espurias», «formas foráneas» [para cualificar o «mal galego], en oposición a «voces patrimoniais galegas», «vocábulos autóctonos», «solucións propias» ou «formas propias» [para referirse ó «galego auténtico»]", describe a profesora.

"Os planificadores do galego están a reproducir as estratexias e os discursos puristas aplicados ás linguas dominantes".

Na opinión de Iglesias Álvarez, baixo este tipo de afirmacións que diferenzan o galego bo do malo, "está actuando a ideoloxía que reduce a lingua á norma estándar, de acordo coa cultura monoglósica e a ideoloxía da estandarización". E neste proceso, "os planificadores das linguas minorizadas e, no caso concreto que nos ocupa, do galego, o que fan é imitar e reproducir as estratexias e os discursos puristas aplicados ás linguas dominantes", considera a profesora da Universidade de Vigo.

Nas súas conclusión, Ana Iglesias Álvarez recomenda "modificar os esquemas conceptuais impostos pola cultura monoglósica" para elaborar "un novo discurso no que os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo teñan cabida tamén na calidade da lingua".

"Se provocamos que os galegofalantes se sintan excluídos do proceso de estandarización da súa propia lingua, dificilmente imos ter éxito non xa na difusión do estándar, senón no propio mantemento e recuperación de falantes", argúe a profesora. Por iso, considera necesario "potenciar a variación diafásica e o dominio dun amplo repertorio lingüístico, de xeito que os falantes poidan escoller entre diferentes opcións segundo os contextos".

"Desta maneira, poderemos ser «puristas» con respecto á variedade estándar pero sen a concibirmos como a única lexítima", e sen que isto sexa incompatible coa "esixencia nos usos públicos e formais dun estándar coidado", pero "sempre sen excluírmos da lingua de calidade os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo", conclúe a investigadora.

------------------------------------------------------------

Iglesias Álvarez, A.M. (2016). Castelanismos e galeguismos. A súa relación co estándarEstudos de Lingüística Galega, 8, 107-125.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

9 anonimo0562

Siempre he sentido d3sprecio por el gallego normativo, que con los años ha aumentado. Me tocó estudiar el gallego (normativo) en los años 80 y, pese a las buenas notas, empezamos mal: adoctrinamiento y normativa estúpid4 - el "televexo" y el "altofalante" fueron épicos - y cambiante. Tras la normativa de la concordia el gallego deja de cambiar cada año, pero me sigue pareciendo algo tan artificial y carente de alma como una hamburguesa de McDonald's. Para mí, lo peor de todo es que esos profesores de gallego me inculcaron un despreci0 al castrapo del que no consigo librarme pese a que me gustaría. El denostado castrapo suena vivo y auténtico, a diferencia del gallego normativo, y cuando me lo hablan no siento ninguna repulsa. Si el gallego sigue vivo, es gracias a "eses faladores de castrapo" tan criticados por esa panda de académicos que tanto hablan del supuesto auto-odi0 que padecemos (y del que nos van a redimir), en realidad se auto-0dian y lo proyectan sobre los demás.

1 Ezpañol Tor3r0

Dalle Gamela, que desta vas captar inocentes para os bífidos!!!

2 teutonio

Pois estás a facer o mesmo que criticas, cas nos prexuízos (a normativa mudou 2 veces nos últimos 35 anos, e basicamente pra aceptar diversas variantes, sabes cantas veces mudou a normativa do castelán?), despois négaslle a lexitimidade a quen vexa o galego normativo unha variedade lexítima, os neofalantes que non teñen outro modelo no que basear o seu galego e criticas o galego normativo sen pararte a pensar que até ese punto ao galego faltáballe un estandard culto e formal que puidese ser empregado nese tipo de contextos (medios de comunicación, educación, administración, etc.), áreas maiormente vetadas pro galego até os 80.

3 Alberte

"Alto-falante" é uma palavra galega comum em toda a Lusofonia, agás na Galiza (o castrapo "altavoz" não é tal; é uma palavra castelhana, diretamente)

4 anonimo0562

Fútbol es un préstamo del inglés (football). ¿Nos vamos balompé? "¡Oh, no!", dice el purista de turno, auto-proclamado depositario y guardián de las esencias. Antes la contaminación del inglés que la del castellano (balompié).

5 anonimo0562

Los destinos de vuestro gallego sintético y el denostrado castrapo se parecerá a lo ocurrido con el sánscrito y el hindi. Finalmente seréis una suerte de casta de brahmanes que conservaréis el cadáver exquisito de una lengua muy antigua envuelta en brumas de mitos; cadáver que se expondrá solemnemente en actos oficiales y similares en los la etiqueta exiga ir vestido de traje. En la calle y en las casas nadie os hará caso - lo mismo que ahora - y, con los años, el gallego acabará siendo el sánscrito del noroeste de la península ibérica: una lengua esencialmente muerta utilizada por una minoría intelectualmente pija.

6 aninha

Que Fútbol nin que lerias! sempre se foi xogar a pilota

7 teutonio

Fútbol é un concepto novo, polo cal é normal adoptar un neoloxismo estranxeiro do país no que este se orixinou, como tamén dicimos garaxe ou anorak ou mesmo cibernética empregando un termo grego. Porén, misturas conceptos señor anónimo, cando falamos de castrapo referímonos ao emprego de palabras casteláns que acaban por substituír ás galegas, desde suelo a queso ou falda a carretera ou dios. Imaxínase a un soriano dicir floor, chees ou skirt falando a súa lingua?

8 anonimo0562

Fútbol é un concepto novo para o que o castelán creou a palabra "balompié". Pero a xente escolleu "fútbol", e finalmente a RAE aceptou "fútbol". Esa é a diferencia: na RAE hai xente con sentidiño, por aquí abondan sectarios que proxectan o seu auto-odio sobre os galegos. Sectarios que, por riba pretenden re-escribir a historia: a influencia do castelán está ahí e haberá que aceptala, guste ou non. Ou iso, ou acabar sendo como o sánscrito: o que vai a desaparecer será o "voso" galego - salvo actos oficiais e liturxias do eido civil semellantes -, non o galego que fala a xente.

9 anonimo0562

No diccionario da RAE tamén pódese atopar a palabra 'sponsor', mália que o castelán sempre tivo a palabra 'patrocinador'. Pero para vos, os auto-odiadores, é igual: o castelán non ten problema en admitir palabras que veñen do inglés, pero vos e mailos vosos complexos non queredes nada que cheire á lingua de Cervantes. De ahí parvadas como 'televexo'.

10 teutonio

Logo haberá que aceptar milkshakes, toppings, frozen yogurth, panqueques, random, aplicar e moitos máis. O que non entendo é que che pareza ben a hibridación co castelán e pola contra o uso de termos portugueses como altofalante sexa algo censurable. E quizais os nosos complexos se deban a que a língua dominante do país que está substituindo socialmente e semanticamente o galego, mesmo nas palabras máis cotiás (queso, can, suelo, pollo...) ameazando gravemente a existência da língua, cousa que non sucede por agora co inglés en Espanha

8 DigoEu

Estamos a vivir un proceso de progresiva castelanización do galego que de non rectificarse conduce inexorablemente á desaparición do galego integrado no castelán. Isto é así e non ten discusión posible. O galego vénse castelanizando de maneira acelerada desde o desenvolvemento dos medios de comunicación e tamén desde a xeneralización do ensino. Por tanto, desde o século XX a castelanización e esnaquización do galego é cada vez máis forte. Xa incluso a xente deixa de dicir "chan" para dicir "suelo", por pór un simple exemplo. Cada nova década se fala un galego un pouco máis adulterado. E non fan muito que digamos por frear este proceso a inmensa maior parte dos militantes dos partidos nacionalistas.

7 Lede jornais tugas

Estadarizarmo-lo castrapo, e a televisión vainos facer crer que o que falan a Corina ou a outra que saíra o outro dia é a version culta dese castrapo. Quen aceite iso probablemente pense que o de utilizarmo-lo artigo diante das persoas é de mala educación, porque realmente mide cá vara do espanhol. Nada novo: O espanhol correto, e o ghayegho ben ghrasioso, ou melhor ridículo. Penso que se lerades ou escoitárades portugués desaparecía o castrapo.

1 du soán

Os da aldea non temos medo de que nos confundan cos da ciudá. Nótase ben. E eso de ter que compararse sejido co español ou co portujés a que ven? Eles teñen a súa historia. Taría ben pensar que nós temos a nosa.

2 DepartamentoChiringallo

elevado poder simbólico e emocional CLASISTA e o que ten o castrapo

6 du soán

Felicitacións á autora do estudio e a GC por publicala. Aléjrome de ler esto. A ver se sirve pa lle dean unhas voltas á cabeza os que queren impoñernos un idioma ficticio que nunca se falou en ninjún sitio hasta que o inventaron catro neofalantes pa parecerse á RAE en molonismo. E que non se me entenda mal: a normativa hai que tela, pero é un mínimo, nunca un máximo. En ves de impoñer o que falta é visibilizar outras variedades jeográficas do jallejo pa empezar a respetalas. Por certo, nadie se espanta cando se usan castellanismos coma “cuxo/a” (e non referido ó fillo da vaca precisamente) nin cando se cambian os pronombres de sitio na normativa jalleja, pero escoitades unha gheada e xa salen os prejuicios dos puristas.

1 Balbino

A gheada e o seseo son unha riqueza da nosa Lingua, os castelanismos unha perturbación derivada dunha imposición e dun complexo de inferioridadade

5 Alberte

Pues si tan orgullosos están que hagan como yo en este escrito, que lleven su "castrapismo" al máximo, y sigan pensando que hablan "el gallego que se habló toda la vida en mi casa y que me aprendieron (uy, perdón, enseñaron) en casa": carretera, jueves, silla, autopista,...

1 Hermerico

Pois sim. Esse é um bom resumo para todo este despropósito. A tal "variedade" falada pola práctica totalidade das pessoas falantes. As diferença se só está na quantidade de castelhanismos empregados, que se vai igualando polo "mais espanhol". E o léxico é o de menos, os tais falantes " do ghallegho de toda a vida", que som quase todos, som incapazes de colocar os pronomes correctamente. Do resto de contaminaçom sintáctica nem falemos. Aliás, confundir a dita "variedade" com qualquer rasgo dialectal ou variante geográfica fai parte de toda essa nojenta impostura da ignoráncia e o auto-ódio, que é ao cabo do que se trata, e nom das asneiras que di a tipa esta. Porque o espanhol falado na Galiza sim que se aproxima rápidamente do estándar em todas as pessoas falantes, sem que se fale de "purismos" nem parvoíces semelhantes.

2 du soán

E lo como che parece que sobreviviu o jallejo hasta o día de hoxe? Porque sempre houbo xente moi culta que o defendía cas mismas armas do enemijo? Ou porque os ancestros practicaron unha ignorancia activa pa sejir falando como lles daba a jana? Mira que non levan sijlos intentando impoñer o español e non deron feito. Que si, que aljún castellanismo foise metendo. Normal. Pero un pouco de respeto polos vellos que nolo trasmistiron e polos novos que o sijen aprendendo. Mais orjullo e menos victimismo, ostia. O primeiro é darse conta de onde vimos.

3 Gustavo

O estudo ten a sua "miga" e revela sentimentos da xente que fala galego no senso de non identificarse con certo normativismo ao que lle falta "alma", por así decilo. Pero dito esto, aos que defenden o castrapo ou a "geada" (e falo de representala na escdrita, compulsivamente, como fai aquí un opinador, non de empregala na fala), a eses habería que decirlles: onde remata a laxitude cara ao galego? Cantos castelanismos se poden introducir e seguir a chamalo galego? Unha cousa é que estean introducidos hai tempo, que un fale así porque xa o escoitou aos pais e nais, pero defendelo como modelo? No fondo estase negando o carácter de língua do galego, sabendoo ou sen sabelo. Estáselle dando carácter de língua de segunda, na que non importa meterlle catro palabras castellanas de cada dez, porque ademáis así, sicolóxicamente, é como si dixéramos "ollo que eu tamén falo castelán ou podo falalo".

4 Gustavo

...En fin, que cada un fale no rexistro que teña ou que lle rersulte cómodo, pero que sexa consciente, polo menos, do que está a facer, e de que, querendo, pode mellorar o seu galego lendo, escoitando, e non se vai "desnaturalizar" por eso.