Os novos galegofalantes reivindican a lexitimidade do castrapo

Estudantes de 4º da ESO demostran o "elevado poder simbólico e emocional" que ten para eles o uso desta variedade do galego, nun estudo de Ana Iglesias Álvarez, profesora da Universidade de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/09/2016 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O contacto entre o galego e o castelán deu lugar ó uso de moitos castelanismos na fala galega e de galeguismos no español que se fala en Galicia; variantes que foron tradicionalmente menosprezadas polos puristas. Porén, a profesora Ana Iglesias Álvarez, do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, reivindica a lexitimidade destas variantes nun estudo no que analiza as ideoloxías dos falantes sobre as linguas e no que comprobou que as novas xeracions de galegofalantes asumen con absoluta normalidade a existencia e o uso do castrapo, ao que outorgan a mesma lexitimidade que ao galego estándar.

Aviso en castrapo
Aviso en castrapo | Fonte: samegram.com.

No seu estudo 'Castelanismos e galeguismos. A súa relación co estándar', publicado na revista Estudos de Lingüística Galega, da Universidade de Santiago, a profesora Iglesias Álvarez conclúe: "A maior parte dos planificadores do proceso de estandarización do galego, ao defenderen unha ideoloxía purista, sitúanse na cultura da monoglosia ou ideoloxía da estandarización, que conduce a solicitar a converxencia cara á variedade elevada á categoría de estándar, en detrimento das diferentes variedades dialectais, englobadas polos falantes baixo a etiqueta xenérica de castrapo. Así, a súa sobrevaloración dos castelanismos (léxicos) no galego tradicional (castrapo) provoca que se acentúen as diferenzas entre este e a variedade estándar, mentres que no caso do castelán, ademais, acontece á inversa: tende a minimizarse a distancia existente entre o castelán de Galicia —con todos os seus galeguismos— e o castelán estándar (peninsular)".

E se ben os galegofalantes obxecto da súa investigación (alumnado de 4º da ESO) "reproducen en parte esta ideoloxía purista, sobre todo no que respecta á importancia outorgada aos castelanismos léxicos no seu galego (castrapo)", comprobou que "desde unha perspectiva heteroglósica defenden o mantemento dun repertorio plurilingüístico e pluridialectal, o que lles permite presentar a súa variedade tradicional como «lexítima» para os usos familiares e coloquiais".

Para estas novas xeracións de galegofalantes, o castrapo  —que definen na súa maioría como o "galego con influencias do castelán no léxico"— "é a variedade «auténtica»", a que "contén valor simbólico, fronte ao estándar, ao que asignan un valor puramente instrumental (variedade para ser usada nos contextos máis formais e públicos)", argúe a investigadora da Universidade de Vigo.

Para a súa análise, Iglesias traballou con alumnos de 4º da ESO de entre 15 e 17 anos, escolarizados na última fase, ata o seu momento, do proceso de estandarización da lingua galega, "a que comeza coa aprobación en 2003 da coñecida como «normativa de concordia», que consensúa as opcións ata daquela en pugna (mínimos e oficial) e continúa vixente na actualidade, tamén chamada «normativa de consenso»", explica a autora. Trátase, polo tanto, de "individuos que xa non viviron en primeira persoa o debate normativo e dos que en consecuencia podemos esperar unha visión do estándar galego como variedade máis consolidada que en xeracións anteriores". 

No estudo traballouse con dous grupos nun hábitat urbano (a cidade de Pontevedra), tres en vilas (un en Vilalba e dous en Caldas de Reis) e dous no hábitat rural (Guitiriz e contorna, por unha parte, e zona de Cuntis, Portas e Moraña, pola outra). "Isto permitiunos acceder a representantes dunha ampla variedade de perfís sociolingüísticos: desde monolingües en castelán ata monolingües en galego, pasando por diferentes tipos de combinación de ambas as linguas", indica a investigadora.

"O castrapo é a variedade lingüística que se transmite na familia e constitúe a lingua materna ou inicial destes falantes".

PODER SIMBÓLICO E EMOCIONAL

Entre o alumnado galegofalante que participou na investigación atopuse "unanimidade á hora de caracterizar a súa forma de falar pola presenza de castelanismos léxicos", como revela a seguinte selección de extractos das conversas recollidas pola investigadora: 1) “Eu por ejemplo nunha frase podo dicir tres palabras en castelán e tres en galego aínda que sea galegofalante”; 2) “Aquí en galego por cada tres palabras que soltamos dúas delas son castelanismos”.

En xeral, Iglesias atopou que "o castrapo é a variedade lingüística que se transmite na familia e constitúe polo tanto a lingua materna ou inicial destes falantes, con todas as implicacións identitarias e afectivas que isto supón". Así, a profesora encontrou que os estudantes se refiren a esta variante como “galego da familia, galego dos meus pais, galego de toda a vida”. Polo tanto, Iglesias conclúe que se trata dunha "variedade dentro do galego", pero non unha variedade máis, senón unha variedade cun "elevado poder simbólico e emocional".

Pero no mantemento do castrapo tamén pesan moito outros factores, "a comodidade e o hábito e incluso ás veces o descoñecemento, aínda que en xeral o alumnado participante recoñece que o uso dos castelanismos se debe máis a unha falta de interiorización que á ignorancia", describe a autora do estudo. Proba disto é que os alumos "son quen de poñer numerosos exemplos nos que exemplifican como na súa fala cotiá espontánea «escollen» os termos non estándar, mais saben indicar cales son os termos normativos correspondentes. Esta falta de interiorización da variedade normativa acentúase debido ao seu escaso contacto con ela", continúa a investigadora, quen engade: "De aí que por unha parte cualifiquen o castrapo e, polo tanto, o que eles falan, como incorrecto, «que non está ben dito», e por outra, en cambio, intenten reivindicalo e rexeiten a súa cualificación de incorrecto, por exemplo por parte do profesorado".

Así, os novos galegofalantes "néganse a aplicarlle ao castrapo adxectivos pexorativos como «vulgar»", impostos dende os posicionamentos máis ortodoxos e puristas. Contra esa imposición ideolóxica, e "co fin de desfacer a contradición na que eles mesmos incorren con respecto á corrección ou non do castrapo, introducen a diferenza entre as variedades en función do grao de formalidade e o tipo de ámbito (público ou privado)", explica a profesora da Universidade de Vigo, que tamén atopou mozos que "amosan unha clara vontade correctora, no sentido de converxencia cara ao estándar na súa fala cotiá, aínda que son posturas minoritarias".

Polo tanto, os novos galegofalantes xustifican o castrapo como "unha variedade diafásica coloquial e, en consecuencia, totalmente lexítima para ser empregada nos usos cotiáns espontáneos da lingua". 

Deste xeito, "mentres o galego estándar é unha variedade homoxénea (común e supradialectal), o castrapo inclúe as diferentes variedades dialectais máis os castelanismos léxicos, en diferentes graos", esclarece Iglesias. 

A profesora detalla que o castrapo que usan os novos galegofalantes caracterízase principalmente pola "presenza de castelanismos léxicos", pero tamén "por trazos dialectais, sobre todo pola gheada", característica fónica moi criticada nos discursos públicos máis puristas, malia que "é cuestionable que teña a súa orixe na lingua dominante".

"A variedade que desempeña para eles a función simbólica é o castrapo, mentres que a variedade estándar cumpre só unha función instrumental".

Segundo Iglesias, "os galegofalantes demostran ter interiorizada a ideoloxía purista que os planificadores difundiron con respecto ao galego, de xeito que nos seus discursos metalingüísticos o tema dos castelanismos acada grande relevancia, nalgúns casos expresado de maneira moi semellante á dos discursos públicos [...], ata o punto de que necesitan recorrer a unha etiqueta diferente para identificar o seu galego oposto ao estándar".

Non obstante, a investigadora aclara que "isto non significa que os falantes asuman todas as implicacións que a ideoloxía purista e de calidade da lingua intenta impoñer, no sentido de abandonaren a súa variedade dialectal en función da variedade estándar", pois "a variedade que desempeña para eles a función simbólica é o castrapo, mentres que a variedade estándar cumpre só unha función instrumental, isto é, para ser usada nos contextos máis formais, que en realidade son moi escasos, polo menos na franxa etaria estudada", dilucida.

PURISMO VS VARIEDADE

Nunha comparación entre os enfoques sobre o uso de castelanismos no galego e de galeguismos no español que se fala en Galicia, Iglesias observa que existen criterios diferentes. Así, "cando se fala do castelán de Galicia, rexéitase aplicar o termo «interferencia» aos galeguismos que o definen", mentres que "cando se fala da calidade lingüística do galego, insístese reiteradamente na abundancia de castelanismos, denominados «interferencias», «deturpacións», «solucións espurias», «formas foráneas» [para cualificar o «mal galego], en oposición a «voces patrimoniais galegas», «vocábulos autóctonos», «solucións propias» ou «formas propias» [para referirse ó «galego auténtico»]", describe a profesora.

"Os planificadores do galego están a reproducir as estratexias e os discursos puristas aplicados ás linguas dominantes".

Na opinión de Iglesias Álvarez, baixo este tipo de afirmacións que diferenzan o galego bo do malo, "está actuando a ideoloxía que reduce a lingua á norma estándar, de acordo coa cultura monoglósica e a ideoloxía da estandarización". E neste proceso, "os planificadores das linguas minorizadas e, no caso concreto que nos ocupa, do galego, o que fan é imitar e reproducir as estratexias e os discursos puristas aplicados ás linguas dominantes", considera a profesora da Universidade de Vigo.

Nas súas conclusión, Ana Iglesias Álvarez recomenda "modificar os esquemas conceptuais impostos pola cultura monoglósica" para elaborar "un novo discurso no que os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo teñan cabida tamén na calidade da lingua".

"Se provocamos que os galegofalantes se sintan excluídos do proceso de estandarización da súa propia lingua, dificilmente imos ter éxito non xa na difusión do estándar, senón no propio mantemento e recuperación de falantes", argúe a profesora. Por iso, considera necesario "potenciar a variación diafásica e o dominio dun amplo repertorio lingüístico, de xeito que os falantes poidan escoller entre diferentes opcións segundo os contextos".

"Desta maneira, poderemos ser «puristas» con respecto á variedade estándar pero sen a concibirmos como a única lexítima", e sen que isto sexa incompatible coa "esixencia nos usos públicos e formais dun estándar coidado", pero "sempre sen excluírmos da lingua de calidade os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo", conclúe a investigadora.

------------------------------------------------------------

Iglesias Álvarez, A.M. (2016). Castelanismos e galeguismos. A súa relación co estándarEstudos de Lingüística Galega, 8, 107-125.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

4 Ted Flanders

Mañana será norma el aragonés-echenico, puestos ya a olvidarnos de todo lo nuestro qué tal si editamos el periódico en francés y comentamos en inglés o alemán? pero sólo como idioma vulgar eh?

3 E Pan sen dimitir

Como Tone que aínda que fala en castelán cos amigos del Pablemos escribe en castrapo reintegrado con nh

1 I comunista

I os do BnG substituíndo a conxunción copulativa galega "E" pola pacorrodriguista "I". I logo? I despois? I Pan sen dimitir pero... I cando vai ser expedientado/expulsado Bautista polos seus artigos misóxinos, homolesbitransfóbicos i machistas? https://es.scribd.com/doc/300222841...

2 Choví Chová

Es ti Chovi? Non sodes socialdemócratas agora

2 la imposición del gallego

Léjovos asín cuando me fabláis de adatar la norma al lengua fablada.

1 Beibe

ostras pedrín! un astur-leonés! se le saluda!! puffffff...

1 teutonio

Pois vaia, sen faltar ao respecto veu descubrir a pólvora esta señora. Obviamente calquera persoa daralle un maior valor sentimental e simbólico á lingua que emprega en contextos informais e familiares, máis aínda cando o estandard non é empregado maioritariamente na sociedade, sexa o castrapo, o castúo ou os dialectos andaluces. Porén, isto non pode servir de escusa pra lexitimar préstamos lingüísticos como formas propias ou o desleixo total da fala de moitas persoas que ou ben non dominan o galego ou sendo galegofalantes, pola presión da lingua dominante empregan masivamente formas do castelán. En calquera lingua, esta situación sería censurable, aquí pola contra hai quen lle parece desexable. Ó final acabaremos usando o galego formal so pra cando recollamos o premio nóbel.

1 Beibe

home, estou bastante de acordo contigo, mais párate a pensar que no castelán a RAE xa admite "cocreta" e "almóndiga" como vocablos válidos. Pensa nas linguas crioulas existentes en Asia e América que non son outra cousa que castrapos da lingua nativa e a lingua da metrópole colonizadora. O galego igual sofre un proceso parecido. De todas formas, non estou a favor de ningunha maneira da normativización do castrapo. Os usos lingüísticos son e deben ser libres, mais o estándar de cada lingua debe ser respectado. Do que sí estou plenamente a favor e do recoñecemento das variedades dialectais faladas dentro da unidade lingüística do galego.

2 nostrus

Pues yo estoy bastante de acuerdo con teutonio y beibe, aunque no completamente. En el terreno hablado considero legitimo usar el castrapo, pero en el escrito ya no estoy de acuerdo, porque si eso se extiende el idioma derivará en infinidad de formas diferentes dando lugar a una neolengua desordenada. De todos modos la funcion de la academia de una lengua tiene por mision velar para que esa lengua no se distorsione, pero cuando el uso de una palabra es ampliamente popular, entonces la academia no tiene mas remedio que aceptarlo. Tambien soy contrario a inventar palabras para mantener distancias con el español.

3 Gamela

Teutonio, entón os que falan castrapo tamén se "autoodian" ? ou padecen unha variante da enfermidade diglósica moi contaxiosa ? (con ironía!)

4 teutonio

Beibe, o que comentas é diferente, unha cousa é aceptar cocreta, ou no noso caso cuciña ou semáfaro e outra é introducir weekend ou milkshake cando xa temos fin de semana ou batido no dicionario da RAE pros mesmos conceptos. E darlle lexitimidade ás castrapadas, que a fin de contas todos empregamos, non debe impedir que a sociedade demande e se esforce por falar un galego cada vez mellor, sobre todo por parte das figuras públicas (locutores de TV, políticos, etc.). Por outra banda, xa que se pide esa lexitimidade ás castrapadas, o mesmo deberiamos pedir pra quen emprega palabras do portugués inexistentes na nosa lingua no día a día, quitando os redutos reintegracionistas (embora, altofalante, telemóbel, etc.) e que aquí o inefable nostrus, moléstanlle moito xa que na súa concepción das linguas, o galego ha de estar subordinado ao castelán e so os préstamos lingüísticos desa lingua son lexítimos.

5 teutonio

Gamela, quizais as túas ideas sexan ben aceptadas nos foros de GB de onde ves, pola contra hai ducias de "papers" académicos de especialistas de aquí e de acolá, escritos en castelán, galego ou inglés que desde a perspectiva das ciencias sociais, empregando métodos cuantitativos e cualitativos de investigación social proban que o autoodio existe e aínda está ben presente entre certas capas da nosa sociedade. Por exemplo, lelle do estigma á estima de Formoso ou calquera cousa que poidas topar sobre a materia en academia.edu

6 Gamela

Mira Teutonio cando baixaredes da póla...? Empoleirados nas vosas cátedras vitalicias grazas á lingua galega, estades CEGOS. A xente nova non anda con esas lerias vosas, nin siquera lle soa de lonxe... e no caso de que caian nas vosas mans e reciban as leccions tan documentadas do autoodio o único que estades a facer é SECTARIOS e pouco máis... Cicais teñamos que agardar á xubilación definitiva desta xeración de filólogos teimosos... para ao fin poder FALAR LIBREMENTE EN GALEGO!

7 Parada do Sil

Gamela tén un problema, co galego, só co galego, sempre co galego... Ben, se cadra son dous problemas, cos touros tamén quere "libertad" para os amantes da barbarie española. Ou tres, préstalle a censura cando as nosas opinións non concordan coa súa "libertad". Cousas veredes para ir sabendo do polemista (podemita ou ciumarrano, quen sabe?).

8 Gamela

Gamela NON TEN máis problemas que ter que falar con xente xorda que non comprende que os días pasan e as linguas evolúen e as tecnoloxías fan das nosas vidas algo ben distinto ao que era aló no século XX (outros aínda están anclados aos corpos represivos xa sexan filolóxicos ou biolóxicos) ! Pero como non teño tempo para darlle máis voltas aquí vos deixo unha OPINIÓN que pode abrir os ollos aos que ainda estades a defender PROHIBICIÓNS para a xente mentres non tedes ningunha preocupación por que os Gobernos de medio mundo salten todas a prohibicións a cotío... (dende os Dereitos Humanos DAS PERSOAS e non dos animaís, ou a liberdade na fala dos neofalantes...) Saúde. http://gamela00.blogspot.com.es/201...

9 teutonio

Gamela, cando che confrontan con argumentos baseados na investigación social e nas publicacións académicas sas coa tontuna de sempre, que si somos catedráticos afastados da realidade (nin son sociólogo nin estudei filoloxía, por eí vas moi mal..), que se sectarios, que se hai que falar galego libremente (alguén cho impide?) e mesmo na última opinión metes a palabra evolución pra xustificar algo que de evolución ten pouco, en Galicia hai un proceso de substitución, se a xente di suelo por chao ou chau non o fai porque a lingua teña evolucionado, faino porque existe unha lingua A, máis poderosa na maior parte dos sentidos que exerce unha presión importante sobre os galegofalantes, os cales en moitos casos non ven un problema introducir unha palabra allea por outra galega.

10 M. Meixide

Con Gamela non insistades, perdedes o tempo. Non sente o que non quere. Ter a sensibilidade limitada fai que predique a DESIGUALDADE como base do seu discurso: libremos o castelán de anglicismos pero admitamos castelanismos no galego, non a dor e o maltrato das persoas pero non ollemos cando os que sofren son animais para cruel diversión dos humanos, moita liberdade para min pero control e até censura para o que non prensa igual... Hai xente que se cre por riba dos demais, non deixan de ser os altofalantes de trasnoitadas ideoloxías imperialistas en decadencia --españolisimas, por suposto-- agora trasvestidas como modernas, que van dando leccións tan simples que revelan as contradicións propias. Predicadores de feria reconvertidos as redes.

11 Gamela

Contento de ser "predicador nesta feira das vaidades" se teño que asumir a ideoloxía imperialista dos Dereitos Humáns 1948 (outros dede a posmodernidade abrazades o relativismo cultural cando vos convén!) Supoño que a ablación do clítoris en Mali é cousa deles, pero facerlle dano a un animal nas prazas de touros é INDIGNIDADE! Eu digo "chan" (nin chao nin chau = arrivederci!)