Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2009 | Actualizada ás 08:59
Ao parecer, as expectativas de apoios da campaña superaron o previsto e son xa miles os correos de apoio que lle chegaron á Secretaría Xeral de Modernizacion e outros enderezos da Xunta e do Parlamento. Informannos que "a xestión dos buzóns de correo de Presidencia está tendo algúns problemas debido a que están desbordados de correos con peticions de apoio".
Parte destas críticas teñen a súa orixe fora de Galicia pola repercusión que está a ter nos foros da internet a decisión do goberno de Feijóo, que contrasta coas promesas tan claras que fixera na campaña electoral: "implantar estándares abertos e software libre na Xunta", tal e como recolle o programa electoral. Tamén Hispalinux, a asociación estatal máis potente no sector, decidiu tomar cartas no asunto.
Por outra banda, os centros de ensino tamén se están coordinando para incrementar a presión sobre o Executivo galego logo da súa decisión de rematar coa total gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha o bipartito. Neste senso, a través da plataformapolagratuidade está impulsando unha campaña de recollida de sinaturas que, nunha semana, acadan xa as 7.000.
Algúns van máis alá, como os centros do Morrazo, e comezaran hoxe mesmo unha campaña informativa e de recollida de sinaturas nas rúas desta comarca. Nunha xuntanza que tiveron a comezo da semana, as ANPAS de Bueu, Cangas e Moaña acordaron por unanimidade"tomar medidas en contra da non gratuidade dos libros de texto aprobada pola xunta". Por iso, recomendarán ás familias que non reserven nin merquen os libros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.