Nerviosismo na Xunta polo incumprimento das promesas electorais

A dirección do Partido Popular acaba de poñer en marcha unha comisión que se encargará de velar polo cumprimento do programa electoral. O motivo; o incumprimento que a nova Xunta está a facer de determinadas promesas electorais, entre elas, a gratuidade do libro de texto e o fomento do software libre...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2009 | Actualizada ás 08:59

Comparte esta noticia

Ao parecer, as expectativas de apoios da campaña superaron o previsto e son xa miles os correos de apoio que lle chegaron á Secretaría Xeral de Modernizacion e outros enderezos da Xunta e do Parlamento. Informannos que "a xestión dos buzóns de correo de Presidencia está tendo algúns problemas debido a que están desbordados de correos con peticions de apoio".

Parte destas críticas teñen a súa orixe fora de Galicia pola repercusión que está a ter nos foros da internet  a decisión do goberno de Feijóo, que contrasta coas promesas tan claras que fixera na campaña electoral: "implantar estándares abertos e software libre na Xunta", tal e como recolle o programa electoral. Tamén Hispalinux, a asociación estatal máis potente no sector, decidiu tomar cartas no asunto.

Por outra banda, os centros de ensino tamén se están coordinando para incrementar a presión sobre o Executivo galego logo da súa decisión de rematar coa total gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha o bipartito. Neste senso, a través da plataformapolagratuidade está impulsando unha campaña de recollida de sinaturas que, nunha semana, acadan xa as 7.000.

Algúns van máis alá, como os centros do Morrazo, e comezaran hoxe mesmo unha campaña informativa e de recollida de sinaturas nas rúas desta comarca. Nunha xuntanza que tiveron a comezo da semana, as ANPAS de Bueu, Cangas e Moaña acordaron por unanimidade"tomar medidas en contra da non gratuidade dos libros de texto aprobada pola xunta". Por iso, recomendarán ás familias que non reserven nin merquen os libros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 outro funcionario

O que quere este maleducado é que o partido de turno bote a todos os funcionarios e meta aos seus militantes, é dicir, aos pptarras.

6 Funcionario

Non penso perder o tempo en discutir contigo sobre temas dos que se nota que non tes nin idea.

De todas formas esto é un foro no que cada un pode expoñer a súa posición e as súas opinións, pero non creo que faga falta insultar nin faltarlle ao respeto a ninguén, nin menos a ningún colectivo.

O nivel dos comentarios de cada persona demostra a educación que ten.

5 Calquera

A ciberirmandade publica nota de prensa dando conta desto mesmo:

Masivo respaldo á continuidade de Mancomún

Apenas tres días despois de lanzarse a campaña de apoio ao software libre na Xunta, promovida pola Ciberirmandade da Fala esta organización en defensa da lingua de Galiza nas novas tecnoloxías fai balanzo provisional dos resultados. "A verdade é que a campaña está tendo bastante repercusión na rede" manifestan dende esta organización. "Aínda non chegamos ao ecuador da campaña e xa levamos varios miles de participacións na mesma, tanto no que respecta ás lecturas dás informacións que publicamos sobre a ameaza de desaparición de Mancomun.org, como á colaboración no envio de correos individuais aos responsábeis tecnolóxicos da Xunta e grupos parlamentares, tendo en conta, por riba, a época do ano en que estamos; está claro que a xente está preocupada con este tema."

A este éxito están contribuindo as asociacións de software libre galegas máis comprometidas, que comezan a amosar o seu apoio á campaña a traverso das súas webs como é o caso de MeLISA ou Agnix, así como unha longa relación de webs de información xeral e especializadas, blogs persoais, prensa dixital e innumerabeis cruces de correos electrónicos.
Nerviosismo na Xunta

Dende a CiberIrmandade constatan o nerviosismo que está a xerar esta cuestión na Xunta. Segundo informan fontes da CIG, na Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario do día 10 de xullo, así como noutras xuntanzas con responsábeis políticos da administración de Galiza, o sindicato preguntou polas recentes adxudicacións multimillonarias para mercar software privativo (principalmente Microsoft), contravindo deste xeito o acordo do Parlamento de Galiza do ano 2007 de potenciar o software libre na administración galega e que agora, coa publicación (9 de xullo) da folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido Popular, desaparece calquer referencia aos proxectos iniciados polo bipartito sen que se mencionen alternativas concretas que os reemplacen.

A este respecto dende a Ciberirmandade sinalan que "Se o Partido Popular non ten nada que ocultar, o lóxico sería que publicasen un comunicado desmentindo a información publicada pola prensa ou que confirmasen dunha vez que Mancomun.org vai continuar. Pero moito nos tememos que están tratando de enganar á xente ou simplesmente gañar tempo."
Repercusión a nivel estatal

Mais os apoios non chegan só de Galiza, e así os organizadores da campaña dan constancia da repercusión que está a ter a nivel estatal, onde diversos foros dan conta da sorprendente eliminación do software libre nos plans tecnolóxicos da Xunta, despois das promesas eleitorais de Núñez Feijóo, literalmente: "Implantar o software libre e os estándares abertos na Xunta".

Por este motivo, confirmase que a principal organización estatal de defensa do software libre, Hispalinux, está a contactar cos responsábeis tecnolóxicos da Xunta.
Chamamento á participación

Dende a Ciberirmandade indican que a campaña só acaba de empezar. "Polo momento non fixemos apenas difusión da campaña, que mantivemos no ámbito das organizacións máis afíns ao software libre. Agora chegou o momento de extender a campaña a toda a sociedade, posto que periga a disponibilidade do software libre, o que equivale ao perigo da dispoñibilidade do software en galego "

Se vostede aínda non enviou o seu correo suxeríndolle á Xunta a continuidade do software libre, esto é, a continuidade de Mancomun.org, pode facelo de forma sinxela facendo click nesta ligazón.


http://www.ciberirmandade.org/sitio...

4 Putos funcionarios de merda

Só jodería que os do metal tiveran que pedir por uns insolidarios como os funcionarios, que o primeiro que piden é que a mitade dos postos dunha oposición se reserven para eles mesmos. E o segundo que traballar nunha administración puntúe o doble nas oposicións que traballar na privada.

Esperemos que o PP cumpla cunha das súas promesas : ERE na Xunta !!

3 Funcionario

Debe ser que cando os/as dos metal saíron en Vigo a mobilizarse tamén pedían para os funcionarios, ou polo resto de persoas alleas ao seu colectivo, non?