Temas: DVICIO

Xa non hai escusa para non cociñar

Afundación presenta cursos de cociña dirixidos aos que non teñen nin idea, a nenos, aos que queren usar produtos deste outono e aos que buscan impresionar nunha cea.

Por GC Tendencias | Vigo | 19/09/2016 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

Afundación presenta, a partir do 3 de outubro, un variado programa de cursos de cociña na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26 ). A oferta formativa do mes é do máis variada canto a públicos e contidos. Un total de 4 obradoiros serán impartidos nas instalacións da entidade en Vigo: «Cociña para principiantes», «As verduras de outono, explosión de sabores!», «Delicias para ceas informais» e «Cociña para nenos. Galicia no padal». As inscricións poden realizarse a través das canles habituais de comercialización de Afundación, como en Ataquilla.com.

Nenas cociñando
Nenas cociñando | Fonte: Afundacion


OFERTA FORMATIVA
«Cociña para principiantes» é un obradoiro impartido por Montse Alonso e dirixido a persoas con escasa experiencia no eido da cociña co obxectivo de que os asistentes adquiran as nocións necesarias para a elaboración dun menú sinxelo, equilibrado, económico e san adaptado ás necesidades da vida actual. O curso, que está estruturado en catro sesións de dúas horas de duración, iniciarase o xoves 3 de outubro e continuará os días 10, 17 e 24. O horario é de 20.00 a 22.00 h. O programa culinario previsto inclúe a preparación dos seguintes pratos: crema de porros e cenorias e torta de mazá crocante; tortilla de berenxenas, pementos e queixo e galletas de manteiga e coco; pastel gratinado de patacas e pizza de chocolate con froitas; albóndegas en salsa e flan de coco.

O seguinte dos cursos organizados «As verduras de outono, explosión de sabores!» trátase dunha proposta centrada nesta alimentación de tempada. Impartido tamén por Monste Alonso, está orientado a toda persoa interesada en elaborar comidas co alimento estrela dos cursos. O obxectivo é sacar o máximo rendemento dos vexetais de tempada con propostas gastronómicas orixinais. Está composto por un total de catro sesións de dúas horas de duración. A primeira delas será o mércores 5 de outubro e as restantes serán os días 19 e 26 de outubro e rematará o 2 de novembro. O horario será de 20.00 a 22.00 h e durante o obradoiro elaboraranse os seguintes pratos: masa follas de espinacas e mascarpone, mufins de remolacha, cogomelos ao forno estilo pizza, torta de améndoas, crema de cenorias e coco, timbal de verduras con cuscús e mexillóns, plumcake de cabaciño, pudin de verduras e biscoito de espinacas.

«Delicias para ceas informais» é unha proposta orientada a que as reunións, nas que as persoas asistentes ao obradoiro exerzan de anfitrións, sexan todo un éxito gastronómico. Está estruturado en 4 sesións de dúas horas de duración e en horario de 20.00 a 22.00 h. As datas previstas para a celebración das clases son os xoves 6, 13, 20, e 27 de outubro. Durante o curso aprenderase a elaborar os seguintes pratos: chupiños de crema de lagostinos, mini croissants de sobrasada e mel, pasteliños de brócoli e atún con tomate, pastas branco e negro, mexillóns gratinados con ovo duro, cestiñas de morcilla e mazá, falsas pizzas de berenxena e flores de masas follas e marmelo.

Afundación ofrece tamén un curso para os máis pequenos. «Cociña para nenos. Galicia no padal» é a proposta infantil para o mes de outubro. O obradoiro será impartido por Adriana del Río Miranda e está dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos. O obxectivo é achegar a cociña aos participantes dun modo didáctico e divertido. Estruturado en 4 clases de dúas horas de duración, busca aproveitar as posibilidades culinarias dos produtos da tempada de outono. Será os sábados 8, 15, 22 e 29 de outubro en horario de 11.00 a 13.00 h. O programa arrinca coa sesión «O reis do outono», na que prepararán rissoto de cogomelos e torradas con crema pasteleira. A seguinte clase, «Como vexetais nas tortas», ten previstos os pratos de ensalada de laranxa e queixo fresco e torta de cenoria. «Os manxares de toda a vida» consiste na elaboración de fideos con ameixas e mousse de tetilla con marmelo. Pecha o obradoiro a sesión de «Celebrando o Samaín» con tostas de lacón con grelos e magdalenas de cabaza.

Ademais destes cursos, Afundación ten programada una ampla oferta formativa que abrangue todo tipo de propostas gastronómicas e se prolongará ata xuño de 2017.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 omero

hola me parece bien

2 Expertosenhogar

Me parece excelente, al igual que el colega doy mi granito de arena desde aquí. saludos

1 Yoel Rodriguez

Es una buena iniciativa, me gusta que se hagan este tipo de talleres o cursos formativos y se fomente entre los más pequeños. Desde aquí doy mi apoyo a que se sigan haciendo este tipo de jornadas.