Baltar presidirá o Parlamento

O deputado ourensán e vicepresidente da Cámara Galega, José Manuel Baltar, exerce xa como presidente en funcións da Cámara galega. Ata que a súa titular oficial, Pilar Rojo, se recupere dunha recente intervención cirúrxica, Baltar exercerá a máxima representación do Parlamento. Este domingo estivo cos emigrantes galegos en Asturias durante a celebración do Día de Galicia nesta comunidade e este martes e mércores presidirá o primeiro pleno deste período de sesións.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/09/2009 | Actualizada ás 23:29

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

11 david

No creo que perdieramos la mayoría absoluta si prescindieramos de la familia Baltar - y no me refiero solo al padre, hijo y nuera; hablo en sentido amplio - a no ser durante un periodo corto de tiempo. Una vez liberados estos lastres mucha gente decente votaría al PP, porque seamos sinceros, en Galicia independentistas hay cuatro, y están todos bien agarrados a UPG, y el PSOE conociendo la mentalidad gallega, jamás será un partido mayoritario.

La realidad es que el PP ganaría muchísimo voto urbano de prescindir de estos sujetos.Ese es el futuro.

10 anonimus

Se a Dolores Vilarino foi presidenta do Parlamento,calquera pode serlo,incluso o fillo de Baltar,¿why not?

9 anónimo

Penso que os ourensanos, incluso os do PP, temos que comezar a dicir o que todos pensamos e sabemos. Non pode ser que un partido como o PP teña a ese personaxe grotesco que é o fillo do presidente da deputación e a sua corte de amigotes a vivir polo papo dos nosos petos.

8 o vinteun

En Ourense temos o que nos merecemos. Somos unha das provincias máis pobres e con menores servizos sociais de todo o estado, unha provincia na que se non estás a ben cos do PP, pois jodeté, e iso non é so canción do noso padre padrone Baltar, é certo...unha provincia arrasada na que o baltarín primeiro é enchufado na Xunta de por vida polo pai e agora é, grazas ás presións de papá, que a "segunda autoridade" (en funcións) de Galicia. E todo isto co nivel intelectual, por todos, mesmo os do seu entorno, similar ao dunha cenoura...pois todo iso aquí en Ourense é completamente normal. Todo o mundo sabe pero ninguén abre a boca: ao contrario, as adulacións feudais a esta xentiña están á orde do día; como teñen o intelecto dun mexilón e o saben ademais gustalles muito a corte de pelotas e palanganeiros que teñen, palanganeiros pagados cos cartos públicos, claro, En Ourense hai medo e hai pleitesia. E así nos vai, en todos os indicadores.

7 oscar

Non son os do PP de Ourense "da boina" senón os que traizoaron a cuiña e puxéronse a catro patas diante de Feijoo para que fixera o que quixese