Crise de goberno en Ferrol

O alcalde de Ferrol retira as competencias máis importantes a Beatriz Sestayo e aos seus concelleiros máis próximos e mantén o seu apoio ás dúas edís socialistas críticas. Anuncia que falará co BNG para buscar algún tipo de colaboración.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 26/09/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Crise de goberno en Ferrol. Un día despois dos comicios galegos, a situación do goberno de coalición entre Ferrol en Común e o PSdeG pende dun fío logo da decisión do rexedor, Jorge Suárez (FeC), retirou as competencias máis importantes aos concelleiros máis próximos á líder do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, mentres que matén as áreas das edís socialistas enfrontadas con ela.

Jorge Suárez e Beatriz Sestayo
Jorge Suárez e Beatriz Sestayo | Fonte: galiciaartabra.com

Así, Suárez retiroulle a Sestayo a área de Benestar Social e déixaa como edil de Muller, mentres que a Bruno Díaz lle retirou competencias de Deportes -déixao con Turismo- e a Germán Costoya elimínalle a área de Servizos e déixao como responsable de Festas.

Jorge Suárez explicou que ante a disxuntiva prantexada por Sestayo, Ferrol en Común decidiu optar polo PSOE “que mellor representa a lealdade nun pacto”, isto é, “decidimos apoiar ás concelleiras María Fernández Lemos e Rosa Méndez, aínda que poden continuar os concelleiros restantes dentro do goberno e salvar a situación”.

Segundo Jorge Suárez, esta decisión tomouna ante "a falta de comunicación" con Sestayo e os outros edís afíns a ela, co que asegura que son diferenzas "máis persoais que políticas". María Fernández Lemos, responsables de Urbanismo e Mobilidade, e Rosa Méndez, de Zona Rural e Conservación de Patrimonio, manteñen as súas competencias.

O alcalde insistiu en que se chega a esta situación porque a acción de goberno “non estaba a funcionar e non tanto por diferencias políticas senón por diferencias persoais” que estaban a arrastrar o bo funcionamento de todas as áreas. “Se estaba actuando máis como grupo de oposición dentro de goberno que como goberno”, indicou. “De aí a necesidade de atallar canto antes a situación e traballar para as múltiples necesidades que ten a cidade”, engadiu.

Contactos con outros grupos

O rexidor municipal asegurou que dende xa se negociará co PsdeG para estabilizar a situación á maior brevidade e para afrontar os dous anos que quedan con solvencia, cun proxecto “no que todo o mundo queira colaborar cóbado con cóbado, nun grupo único, compacto e consensuado que sexa quen de sacar adiante actuacións concretas que Ferrol tanto precisa”.

Neste sentido, informou de que se vai contactar tamén con outros grupos como o BNG para buscar algún tipo de colaboración, aínda que sexa con acordos puntais en temas determinados.

Jorge Suárez quixo deixar unha mensaxe clara respecto do PSdeG, que é, dixo, “un socio leal de goberno que vai estar dignamente representado por aqueles concelleiros que escolleu a cidadanía”. “Consideramos interlocutores válidos a aqueles que queiran tratar de completar o que queda baleiro do goberno e que se reasignará nos próximos días, mentres, transitoriamente, serán competencias que recaerán no alcalde”, indicou.

Hai uns días, Beatriz Sestayo seguraba que falba co alcalde "de temas ordinarios, do día a día, xa que hai que traballar e o Concello ten que seguir funcionando". "E dende o Partido Socialista o que intentamos é evitar que calquera interferencia poida enturbar o traballo normal”, indicaba.

Polo momento, os socialistas non se pronunciaron oficialmente sobre esta reestructuración que podería rematar cunha división do grupo local do PSdeG e a saída do goberno de Sestayo e os seus dous edís afíns. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta