“Subnormales”, “paletos”, “putos”, “fachas”, “narcos”... algúns dos insultos aos galegos tras o 25S

O resultado das eleccións galegas xerou unha avalancha de mensaxes nas redes sociais cheas de desprezo e insultos ao pobo galego e a Galicia. GC recolleu unha escolma destes chíos publicados dende toda España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/09/2016 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Carraxe, odio, desprezo... Centos de chíos véñense publicando en Twitter, dende todos os recunchos de España, contra o pobo galego, tras a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións do pasado domingo. Os tópicos sobre galegos que tan asimilados están no resto do Estado, acompañados de insultos moi duros dirixidos a toda Galicia, non son algo anecdótico nestes días.

Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.
Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.

"Subnormales", "putos", "paletos", "aldeanos", "borregos", "analfabetos", "ignorantes", "fachas", "fascistas", "gilipollas", "narcotraficantes", "asco", "vacas", "vagos", "corruptos"... son só algunhas das palabras que veñen usando fanáticos en Twitter dende o pasado domingo para cualificar a todo o pobo galego. Mesmo hai quen considera que ofende pedindo que Galicia sexa separada de España.

Velaquí unha escolma cos chíos que pretenden ofender aos galegos, publicados dende outras partes do Estado e ordenados cronoloxicamente, do máis novo ao máis antigo (podes ver todos os chíos facendo scroll cara abaixo sobre o contido).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

21 Gamela

Memoria, Dignidade, Xustiza https://youtu.be/4RgFAppj32E

1 Gamela

Xosé Humberto Baena morría acribillado a balazos (e non tiñamos Twitter) http://gamela00.blogspot.com.es/201...

20 Ana

Podemos versus BNG, así queren algúns facernos ver o conto. Vai ser que non, ou non lembrando os piropos do Carril perdedor das municipais na Corunha. Certo que hoxe luciuse Fernán Vello, que non dimite o deputado insultador que defendia as vieirasfurtivas, que vota e abraza á galegófoba Marta Rivera, nin a deputada Pam que chamou 'puta coja' a unha compañeira. Resumo: en Marea Podemos e BNG sodes iguais que o Partido Podre pechando filas e salvando a impresentables como Rita Barberá ou Soria. E despois ides de esixentes... sendo uns falsarios!

1 merdeiros = caciquismo

Ollade o que pasou no concello de vilar de conas ou de santos... o alcalde traidor de CxG traizou a GALIZA e o nacionalismo obrigando a xente a votar merdeiros e non votar nin CxG nin BLOQUE, a edade media e de 64 pariba e que vai saber xente moi maior de confluencias-chachi-rojeras-socialmerdocratas-expañolentas, FOI AUTENTICO CACICATO ORGANIZADO POLO MERDEIRO, señores o alcalde ten que dimitir, alguen ten que facer algo!!!! non hai xustiza non hai democracia O CACICATO DE MERDEIROS NON PODE SAIR IMPUNE!!!!

19 A culpa é do BNG

A culpa é do BNG. Hai que votar por quén o vello Mesias manda, coma fixeron en Grecia. Manga de monicleques, escravos agradecidos

18 Submarinos,Syrizopolisóns

Poden falar os andaluces do PSOE eterno das peonadas, falsos ERES e Marinaledas de Podemos subvencionadas. Semanas Santas, Feiras de Abrl e peregrinaxe a Virxe do RocioAnda que o poeta da OTAN enchufado polo vello, xa lle vale...chama escravos obedentes aos galegos, por non votar por quén el lles manda. Pero que esperaban estes frikis? en 9 meses Podemos perdeu 1 de cada 3 votantes. Polo PP votaron os seus, quén fallou foron os falsos nacionalistasGarzóns, Yolis e demais trepas . Mais a culpa sempre é do pobo.

17 Fernando Nogueiras

Por los insultos de alguno nazionatas gallegos solidarizándose con este colgao quedan bien retratados. Les auguro un negro futuro