“Subnormales”, “paletos”, “putos”, “fachas”, “narcos”... algúns dos insultos aos galegos tras o 25S

O resultado das eleccións galegas xerou unha avalancha de mensaxes nas redes sociais cheas de desprezo e insultos ao pobo galego e a Galicia. GC recolleu unha escolma destes chíos publicados dende toda España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/09/2016 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Carraxe, odio, desprezo... Centos de chíos véñense publicando en Twitter, dende todos os recunchos de España, contra o pobo galego, tras a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións do pasado domingo. Os tópicos sobre galegos que tan asimilados están no resto do Estado, acompañados de insultos moi duros dirixidos a toda Galicia, non son algo anecdótico nestes días.

Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.
Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.

"Subnormales", "putos", "paletos", "aldeanos", "borregos", "analfabetos", "ignorantes", "fachas", "fascistas", "gilipollas", "narcotraficantes", "asco", "vacas", "vagos", "corruptos"... son só algunhas das palabras que veñen usando fanáticos en Twitter dende o pasado domingo para cualificar a todo o pobo galego. Mesmo hai quen considera que ofende pedindo que Galicia sexa separada de España.

Velaquí unha escolma cos chíos que pretenden ofender aos galegos, publicados dende outras partes do Estado e ordenados cronoloxicamente, do máis novo ao máis antigo (podes ver todos os chíos facendo scroll cara abaixo sobre o contido).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

16 NOSTRUITO

Andi andara Nostrus, alma mater da Galiza profunda

15 Gamela

Hai 41 anos eran descargas de fusilería... https://youtu.be/zPW_iz40Bl0

14 Fulham

Parabéns a La Voz de Galicia, TVG e PP polo resultado de Ana Pontón.

1 Xabier

Eres pior ainda que os p. españois!

2 Nefelibata

Ese é o teu principal argumento: grande altura de miras a túa. Por certo, lembramos o que pasou nas anteriores: só que naquel momento non foi o BNG o elixido? Dáme pena ter que ler isto e agardo que sexas un troll e non unha persoa de esquerdas porque entón si que ata eu me fago de dereitas. A traballar xuntos e deixarse de lerias... Que é o que pedimos a maioría dos votantes de esquerdas.

13 Nexus 6

Y este diario o algún partido de esos que din ser os garantes de nosa nación, os redentores do pobo asoballado, os defensores da nosa identidade e da nosa língua propia e bla, bla, bla... se han planteado o se van a plantear algún tipo de acción o protesta por semejantes insultos ¿Cuanto no os "escandalizásteis" con Rosa Díez? En el fondo, los que no protestan piensan como los que insultan. Hipócritas. Para vosotros mi desprecio más absoluto.

1 mkzk

Se votas a un tipo en Ourense que "presuntamente" é un acosador sexual e a un candidato a presidente que é íntimo dun narcotraficante, sen lugar a dúbidas listo, o que se di listo non o es.

2 balbino

E se así é o teu desprecio non deixa de ser un alago.

3 Nefelibata

De verdade, hoxe os mareantes-podemitas estades a cubrirvos de gloria! Seguide así, seguide que xa veredes coma os vosos votantes, xa dados á abstención, se van quedar aínda máis na casiña. A traballar xuntos co resto da esquerda e deixarse de lerias.

12 Antonino

Somos un pobo de sub-normales, si. Por iso queimamos o monte, por iso desfacemos o patrimonio histórico e urbanístico, por iso votamos en Muxia os mismos que encheron a costa do municipio de petróleo, por iso nos rimos dos que viñeron recoller o petróleo, por iso nos avergonzamos de falar o idioma que para algúns de nos é o único que coñecen....o de darlle o pp outra maioria é una anécdota. O que mola é ver cómo se ofenden algúns porque nos digan a verdade. Sobre todo periodistas-propagandistas do PP.