“Subnormales”, “paletos”, “putos”, “fachas”, “narcos”... algúns dos insultos aos galegos tras o 25S

O resultado das eleccións galegas xerou unha avalancha de mensaxes nas redes sociais cheas de desprezo e insultos ao pobo galego e a Galicia. GC recolleu unha escolma destes chíos publicados dende toda España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/09/2016 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Carraxe, odio, desprezo... Centos de chíos véñense publicando en Twitter, dende todos os recunchos de España, contra o pobo galego, tras a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións do pasado domingo. Os tópicos sobre galegos que tan asimilados están no resto do Estado, acompañados de insultos moi duros dirixidos a toda Galicia, non son algo anecdótico nestes días.

Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.
Un dos chíos nos que se insulta aos galegos tras as eleccións do 25S.

"Subnormales", "putos", "paletos", "aldeanos", "borregos", "analfabetos", "ignorantes", "fachas", "fascistas", "gilipollas", "narcotraficantes", "asco", "vacas", "vagos", "corruptos"... son só algunhas das palabras que veñen usando fanáticos en Twitter dende o pasado domingo para cualificar a todo o pobo galego. Mesmo hai quen considera que ofende pedindo que Galicia sexa separada de España.

Velaquí unha escolma cos chíos que pretenden ofender aos galegos, publicados dende outras partes do Estado e ordenados cronoloxicamente, do máis novo ao máis antigo (podes ver todos os chíos facendo scroll cara abaixo sobre o contido).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

11 Nexus 6

Se os olvida citar a todos los Fernán Vello y demás secuaces, aparte de innumerables comentarios parecidos de gallegos del BNG, PSOE,Mareas e Izquierdas varias que ante los incontestables triunfos del PP también insultan y menosprecian a los gallegos que otorgan su confianza al partido que desde hace más de medio siglo gobierna nuestra amada región

1 Fartodenaziocomunistasindepes

Quise decir un cuarto de siglo, desde 1989 y algo más si contamos a Fernández Albor. Para todos esos que insultáis a través de las redes, veníos por aquí a participar na "Rapa das Bestas", como bestas por supuesto. Las hos tias saben a gloria

2 balbino

Dixeches ben., máis de medio século. E, así nos vai.

3 kinocho

Ti perdes aceite tamen, como os teus dirixentes pailan

4 KINOCHO

Nexus6 non sei se ti sabes porque o PP non paga 60 euros os interventores e apoderados dos colexios electorais nestas e nas pasadas elecións??....porque non hay caixa BBBB ...por eso agora non van. menudas millonadas pagabades ¿donde saia unha media de 300euros por colexio electoral? Habia muito famento ... e agora acabastelle coa bicoca.

10 Crispin da Mocha

Menos mal que no han utilizado "peyorativos".

9 Ted Flanders

Felicidades Galiza!!!! por fin España descubre a nosa esencia!!!! Na seguinte votación todo o voto para o PP, que non se desperdicie ningún, ou para Puedemos, que é a mesma moneda!!!!!!!!

8 Pateticos españois

E hoxe o enxeñoso deputado cervantino insultándonos como pobo e Bescansa dicindo que os vellos non poden votar.

7 RAROS RAROS

Home non sei si seremos todas esas cousas que din, o que si é seguro é que un chisco raros, pero raros raros si que somos.