Fai uns anos (antes de poñerse de manifesto publicamente esta espiral demencial antigalego) diciase que o galego era, dos tres idiomas minorizados do estado, o que ofrecía millores condicións para a recuperación, xa que era un idioma moi asequible para calquer castelán falante, que a totalidade da poboación o podía entender e que case todos (cun pequeno esforzo) estaban en condicións de o falar.
Que pasou para que apareza nas listas da Unesco como un idioma en perigo de extinción?
Calquera que vexa o asunto desde fora do propio país lle resulta dificil de entender. Cómo, despois de anos de normalidade democrática podemos estar nesta situación.
O galego é un idioma antigo que, dendo o su nacemento e salvando os anos escuros, sempre foi cultivado literariamente e con algunha épocas de ouro (eu creo que a actual tamén o é). Hai multitude de idiomas oficiais de moitos paises (tamén en Europa) que nin poden soñar con ter, un sistema literario tan rico como o galego.
Aquí mesmo estamos demostrando que está listo e en perfectas condicións para asumir o reto das novas tecnoloxías da comunicación.
Como sería o país se, en lugar de gastar tantos esforzos e tanta creatividade nesta loita inútil se empregara para situarnos donde merecemos estar no contexto europeo e mundial.
Cal é pois o problema do galego?
Que os seus poderes políticos e económicos non saben estar a altura das circunstancias. A ardua e difícil recuperación do galego para a sociedade toda, sempre foi un asunto das clases populares e sectores da clase media ilustrada.
a clase política que gobernou o país fíxoo sen asumir plenamente o proceso no que estaba metida. Xestionou algo no que non creia plenamente. Hoxe mesmo hai o perigo dunha involución autonómica.
Asumir plenamente un estado autonómico ou federal significa levar hasta as últimas consecuencias o potencial do idioma propio e conseguir que o fale e utilice toda a poboación. Moitos paises conseguiros normalizar o seu idioma partindo de situación moi precarios: un exemplo é Finlandia (que ultimamente está tan de moda)
Como se pode entender que, despois de tantos anos o problema nos esté claro, que moita xente siga odiando o galego como un estigma de clase ?
Non somos un país normal. Sufrimos unha estraña patoloxía que nos fai pensar que somos menos do que somos.
Quizais a nosa propia historia teña moito que ver, pero non podemos caer no erro de pensar que os que padecen en maior medida as consecuencias de esa patoloxía son os que teñen a razón. Eu aspiro a que , cos anos, estes tempos nos que vivimos e nos enfrentamos se vexan como un período de confusión e incertidume dunha sociedade que, despois de moitos anos ten que asumir o goberno dos seus asuntos e definir a súa propia identidade colectiva.
Non é serio un país que se desfai de mala maneira dun idioma que el mismo creou ao longo dos séculos. Ninguén o podería entender
Nesta encrucillada precisamos gobernos decididos (de calquer signo) que sexan quen de prantexarse por exemplo que, a curto plazo, o galego debería estar normalizado, coñecido e empregado pola totalidade da poboación galega. Só entón seremos un país normal.