Temas: COCIñA DVICIO

Os nenos aprenden a cociñar para o Samaín con «Vai de cabazas»

O curso celebrarase os días 28 e 29 de outubro, a elixir, nunha sesión de dúas horas de duración.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 24/10/2016 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

Afundación acollerá, os días 28 e 29 de outubro, o curso infantil de cociña «Vai de cabazas» na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19). A oferta formativa estruturase nunha sesión de dúas horas de duración, a elixir entre o día 28, entre as 17.00 e as 19.00 h, e o día 29, entre as 11.30 e as 13.30 h. O curso está dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos de idade e estará impartido por Vanessa Sende Cardoso. 

Vai de cabazas
Vai de cabazas

Durante o obradoiro os participantes aprenderán a elaborar pratos típicos da festividade de Samaín. As inscricións poden realizarse a través das canles habituais de comercialización da entidade, como por  en Ataquilla.com.

PROGRAMA

O curso de cociña «Vai de cabazas» está organizado con motivo da celebración da festividade de Samaín. Ten, como non podía ser de outro modo, a cabaza como ingrediente estrela e realizaranse pratos como empanadillas ou torta de queixo e cabaza. O obradoiro está enmarcado dentro dunha ampla programación que se prolongará ata abril de 2017 e está centrada, fundamentalmente, nas comidas típicas das festas senlleiras. 

Temas: COCIñA DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta